Site icon Crónica3.com A Mariña

Pasada das Cabras, de Burela, facendo camiño en Asturias

Medio centenar de camiñantes de Pasada das Cabras, de Burela, desprazáronse o domingo até a praia do Aguilar en Muros do Nalón, lugar de comezo da Senda Costeira, que termina na vila de San Esteban de Pravia. É unha ruta de enorme beleza paisaxística con varias praias, áreas de descanso e miradoiros: Os Glayos, A Cazonera, A Atalaia, Espírito Santo (onde tamén existe unha ermida), etc. A pesar dalgún que outro esvarón debido ao húmido da senda, non houbo que lamentar lesión algunha e despois de tomar unhas sidrinas en San Esteban, rematouse o día no restaurante A Lupa, onde repuxeron forzas cun pote asturiano.

Exit mobile version