NOTA DE PRENSA
XXIIIª TIRADA DE BOLOS – XIIª SUB 16 – IIIª LIGA FEMININA
(TEMPORADA 2011/2012)
Organiza: Concellería de Cultura do Concello de Xove
Colaboran: IES Illa de Sarón de Xove
INCIDENCIAS DA 12ª TIRADA
(CLUB DE PALMEIRO – Sábado, 28 xaneiro de 2011)
CAMPEONATO DE BOLOS DE CENTRO SOCIAL DE MONTE (28 XANEIRO 2012 ) 34 INSCRITOS: 22 NA LIGA SENIOR, 5 NA LIGA SUB 16 E 7 NA LIGA FEMININA | |||
CLASIFICACION | NOME | TANTOS | PUNTOS |
LIGA SENIOR | |||
PRIMEIRO | SÓCRATES CAMPO SUÁREZ | 219 | 12 |
SEGUNDO | JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ | 213 | 10 |
TERCEIRO | JOSE VIGO LAGE | 205 | 8 |
CUARTO | OMAR CABRERA MACÍAS | 196 | 7 |
QUINTO | AUGUSTO ALBO OCAMPO | 192 | 6 |
SEXTO | FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ | 191 | 5 |
SÉTIMO | ANDRÉS RODRÍGUEZ RAMOS | 181 | 4 |
OITAVO | GINÉS RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ | 179 | 3 |
NOVENO | MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA | 176 | 2 |
DÉCIMO | CÉSAR CANCELOS LÓPEZ | 169 | 1 |
MELLOR BOLADA | OMAR CABRERA MACÍAS | 88 | 1 |
LIGA SUB 16 | |||
PRMEIRO | SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ | 115 | 6 |
SEGUNDO | ISAIAS CARDOSO RODRÍGUEZ | 111 | 4 |
TERCEIRO | DANIEL LÓPEZ FERNÁNDEZ | 72 | 3 |
CUARTO | LARA RODRÍGUEZ BAÑO | 55 | 2 |
QUINTO | RAQUEL COCIÑA PIÑEIRO | 36 | 1 |
MELLOR BOLADA | ISAIAS CARDOSO RODRÍGUEZ | 46 | 1 |
LIGA FEMININA | |||
PRMEIRO | BELÉN MEITÍN ROUCO | 99 | 6 |
SEGUNDO | CARMEN ROCA CORRAL | 90 | 4 |
TERCEIRO | CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ | 89 | 3 |
CUARTO | DOLORES BAÑO FRAGA | 77 | 2 |
QUINTO | LEONOR CASABELLA RORÍGUEZ | 61 | 1 |
MELLOR BOLADA | CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ | 46 | 1 |
Os 27 puntos que Arturo Vigo lle leva ao segundo clasificado parecen insalvables, xa que faltan 6 tiradas, e dudamos que Arturo falle tanto coma para deixarse arrebatar esa posición de privilexio; pero bueno, neste deporte todo é posible, e recordamos cómo Arturo perdeu a Liga pasada na última tirada, polo cal non debe descuidarse. Así e todo, o máis normal é que a pelexa nas 6 tiradas que faltan sexa polo segundo e terceiro postos. Do 2º posto (José Rafael con 64 puntos) ao 8º (Ginés Rodríguez con 40) hai 24 puntos de diferencia, o que é o mesmo, dúas victorias, dahí que a pelexa por eses dous postos de podium vai ser moi forte nas tiradas que quedan, estando moitos xogadores implicados e con posibilidades.
Liga Senior Feminina.- Aquí Carmen Roca sigue cómo líder, pero ten moi perto as súas duas inmediatas perseguidoras, xa que Belén Meitín con 47 puntos e Dolores Baño con 45 están a só dous e 4 puntos respectivamente. Por xogo e por trayectoria, nesta categoría está moi claro que van a ser estas tres xogadoras as que pelexen polos tres primeiros postos finais. Das tres, Carmen Roca e Dolores Baño xa foron campionas en edicións anteriores, polo que quizais a que máis urgencia e presión teña ao final sexa Belén Meitín, que inda non ten ningún entorchado final.
Liga Sub 16.- O mesmo que na Liga Feminina, nesta categoría o podium é cousa de tres, concretamente Salomé Cardoso, Daniel López e Isaias Cardoso. A líder sigue moi forte, tanto que nas últimas cinco tiradas celebradas conseguiu catro victorias e un segundo posto, dahí que xa manteña un excelente colchón de 11 puntos sobre o seu inmediato seguidor Daniel López, e 12 sobre o seu irmán Isaias. A vixente campiona está claro que non se vai deixar intimidar, mantendo un nivel de xogo que lle permita renovar o título. Segundo as normas que na actualidade rexen este campionato, esta sería a última tempada de Salomé nesta categoría, xa que na vindeira xa tería cumpridos os 16 anos. Isto mesmo, lóxicamente, é aplicable ao seu irmán mellizo Isaias. O caso de Daniel é distinto, xa que na vindeira tempada inda estaría incluido nesta Liga.
A vindeira tirada terémola o SÁBADO 4 DE FEBREIRO NO CAMPO MUNICIPAL DE FÚTBOL DE XOVE