Site icon Crónica3.com A Mariña

Rematou ao XVII campionato de tute do concello de Cervo

Nota de prensa:
REMATA O XVII CAMPIONATO DE TUTE DO CONCELLO DE CERVO

O Concello de Cervo fai entrega de 30 trofeos de Cerámica de Sargadelos.
Participaron 56 persoas.
Os campionatos desenvolvéronse en 7 establecementos hosteleiros do Concello de Cervo.

Cervo, 10 de xaneiro de 2012.- Según declaracións feitas polo Concelleiro José Ramón Soto, este campionato tuvo unha grande acollida. Desenvolveuse durante os meses de Octubre, Novembro e Decembro, en 7 establecementos hosteleiros do Concello de Cervo. Participaron 56 persoas entre as que cabe destacar a presencia dunha muller e 55 homes.

A clasificación resultante do campionato foi a seguinte:

1º- Bar Paulino, 85 puntos.

2º- Mesón da Ría, 77 puntos.

3º- Casa do Mar, 73 puntos.

4º- Restaurante O Castelo, 72 puntos.

5º- Bar Camarote, 71 puntos.

6º- Bar Río de Oro, 67 puntos.

7º- Bar Pedregal, 59 puntos.

O Premio á Mellor Parella do Campionato recaeu na formada por Julián e Villi, do Bar Paulino.

Os trofeos consistentes en figuras de Cerámica de Sargadelos están expostos na Casa da Cultura e entregaranse aos gañadores o día 27 de Xaneiro no Restaurante Boa Vista de San Ciprián.

A Delegación de Deportes do Concello de Cervo quere agradecer o gran interés que amosaron tanto os participantes como os bares deste concello, que fixeron posible que se levara a cabo este evento.

Exit mobile version