Site icon Crónica3.com A Mariña

Representantes do Bng do Val do Ouro trataron sobre a fusión dos concellos con representantes de Udival

Nota de prensa
SUMANDO APOIOS PARA A FUSIÓN

Representantes do Bng do Val do Ouro reuníronse onte as 21:00 horas da noite con representantes de Udival, partido independente de O Valadouro.

“Dende o Bng mostrámonos moi satisfeitos cos resultados da reunión, existen tamén moitos puntos en común, practicamente na totalidade da proposta”.

Dende os independentes do Valadouro manifestaron que ían reunirse a nivel interno para tratar a proposta do Bng, anque manifestáronse positivamente a prol da fusión de ambos concellos.

“Foi a última reunión cos partidos da oposición, ahora solo nos queda reunirrnos cos representantes do pp, que son os grupos que gobernan en ambos concellos”, “pese a que os respectivos alcaldes xa mostraron a súa oposición ó proxecto imos afrontar os encontros con total convicción de que o resultado pode ser positivo”

“Igualmente dende o Bng mostrámonos moi satisfeitos coa acollida que está a obter a nosa iniciativa para fusionar os concellos de Alfoz e O Valadouro, tanto por parte dos representante políticos cos que xa nos reunimos como como por parte dos veciños do Val”

Exit mobile version