Nota de Prensa
RIBADEO SOLIDARIO
MERCADO DE TROCO o xoves dia 5 no Canton a partir das 18.00 h
O obxectivo que se pretende con esta práctica é o de reparar no valor das cousas e non no seu prezo, amosando ademais o camiño de volta a un modelo máis racional e que pon no centro as relacións persoais en contraposición coas habituais prácticas consumistas.
CONCERTO SOLIDARIO NO MINI BAR o mesmo dia as 22.30 h. Prezo da entrada 5 € . O diñeiro que se recade ira integramente a programas de cooperacion.
CHARLA DEBATE VIVIR NA RUA o sábado día 7 de xaneiro ás 20:00 no Teatro. Pretende ser un espazo de reflexión e visibilización da situación na que cada vez máis persoas se atopan: a vida na rúa. Para iso contase coa participación de dúas persoas pertencentes ao grupo de inclusión social activa “Boa Vida” de Pontevedra.
Organizan: Grupo Comarcal de Ribadeo
Asociación Galega AMARANTE Setem
VOLVEN AS MÚSICAS POSIBEIS
E comezan cos MOONDOGS BLUES PARTY que presentan en Ribadeo o seu último traballo. Será no Teatro o 14 de xaneiro ás 21.00 h.
Prezo da entrada 3 €
*O deseño do cartel é de Chenchu Lopez