Site icon Crónica3.com A Mariña

Un gol de Dani Martín rescata un punto para o Burela FS Pescados Rubén nos instantes finais

Nota de prensa

O Burela FS Pescados Rubén rescata un punto nos instantes finais con un gol de Dani Martín. O duelo na complicada pista do Fuconsa Xaén tinguiuse de laranxa dende o asubío inicial. Con unha presión asfixiante , transicións rápidas e xogo de posesión o conxunto dirixido por Quique García maniatou ao conxunto de Dani Rodríguez que non lograba sacurdirse o dominio burelés. O protagonista local da tarde foi o seu porteiro. Toño desfixo as numerosas ocasión galegas ata que Ique logrou establecer o 0-1, minuto quince. Ao descanso chegouse coa escasa renta burelesa. A segunda metade comenzou coa mesma tónica. O trepidante ritmo de xogo imposto polo Burela era un lastre para un Fuconsa casi inédito en ataque e con moito traballo na súa meta. Excelente a actuación de Toño que evitou o despegue laranxa. No ecuador do segundo tempo, emerxeu o oportunismo de José López e Lolo Jarque para remontar o partido tras dous despistes visitantes. Con 2-1 favorable e unha afección volcada que remataba de crerse o resultado momentáneo, ambos conxuntos enfiaron o tramo decisivo. Cinco para o final e xogo de cinco para o Burela que desenrolou á perfección agás na definición. As ocasións eran contínuas mais faltaba o merecido premio do empate. Entón surxiu a figura de Dani Martín que selou un merecido empate, no último minuto, aínda que con sabor agridoce.

Exit mobile version