Site icon Crónica3.com A Mariña

Un mar de todos en perigo

UN MAR DE TODOS EN PERIGO

A algúns políticos de A Mariña cáelles a baba falando do sector do mar, do marxinada que esta a nosa flota polos organismos da CEE en materia de pesca que non nos deixan que fagamos o que nos dá a gana e esquilmemos o mar do norte como antes fixemos con noso, pois a eles e a outros do sector que tratan de insultarme co termo “ecoloxista do carallo” adico, estas verbas.

Os nosos mares enfrontan a un dos peores períodos da súa historia. Segundo Oceana, estes anos de “piratería pesqueira” conducirán a cambios irreversibles e devastadores se non se emprenden accións decisivas e con carácter inmediato. A organización internacional de conservación mariña estima que no que vai de século XXI, refugáronse 70 millóns de toneladas de peixe e destruíronse 110.000 hectáreas de fanerógamas mariñas que daban acubillo a miles de organismos. Ademais, o 99% das especies mariñas en perigo de extinción carece de plans de conservación.

Cando era neno e rapaz, nesta bisbarra en inverno non saian os barcos pescar, uns empezaban co verdel, alí chamado curriolo e despois a sardiña, boga e chicharro, os máis grandes facían a tempada do bocarte e do bonito, en inverno os barcos “invernaban” no porto de Foz, Os avances tecnolóxicos despregados para explotar os océanos maximizan os beneficios da industria pesqueira a curto prazo, sen ter en conta nin a sustentabilidade do modo de vida de millóns de persoas nin a conservación dos ecosistemas oceánicos.

“Menos do 1% da superficie mariña está protexido de maneira efectiva”, explica Ricardo Aguilar, Director de Investigación de Oceana Europa. “Ademais, non existe nin un só stock no mundo xestionado responsablemente, até o punto de que os stocks dalgunhas especies diminuíron un 99% no século XX respecto das poboacións orixinais. Estanse espoliando os recursos pesqueiros mundiais para o beneficio duns poucos e os gobernos non parecen dispostos a pórlle freo”.

Ademais, o noso litoral sufriu unha media de sete accidentes con vertedura de hidrocarburos, o que supón 135 sucesos deste tipo entre 1991 e 2009, segundo apuntou o Observatorio da Sustentabilidade.

E si sumamos e isto a contaminación por plásticos que antes estaba restrinxida ás zonas costeiras, a sobrepesca, o quecemento global e os cambios na circulación da auga son os principais problemas aos que se enfrontan os nosos mares na actualidade.

O certo é que a situación é variable, xa que hai zonas costeiras afectadas, mentres que outras estanse recuperando debido aos plans que se están levando a cabo. Poño por exemplo o Báltico e o do Norte que están a mellorar, pero por outra banda os impactos da acción do ser humano que antes eran típicos das zonas costeiras están a chegar a mar aberto, como a contaminación de plásticos

. O seu impacto é moi grande. Especialmente entre animais protexidos, como as tartarugas mariñas. O número de mortes accidentais é enorme”, asegura a Efe Lida Pet-Soede, responsable do Programa Triángulo de Coral de WWF.

O problema reside nas técnicas pesqueiras empregadas, que, ao non ser selectivas, capturan moitas máis especies das que perseguen.

Algúns son animais protexidos, cuxa comercialización é ilegal, outros non son comestibles ou so se lles aproveita as aletas como no caso dos tiburóns e os restantes que se se poden comer non son economicamente rendibles.

A inmensa maioría destas capturas accidentais, entre as que ás veces hai tamén golfiños, son lanzadas de volta ao mar, aínda que case sempre xa mortas ou agonizando.

Un dos grandes problemas é o da pesca accesoria. O home é o maior depredador. É usual que outras especies queden atrapadas nas redes, xunto á especie que se desexa pescar. Así, estes animais non desexados vólvense tirar ao mar. Toneladas de peixes e organismos mariños mortos acaban no fondo do mar, xa sexa porque o seu prezo é baixo, e non hai cota nos barcos para almacenalos, ou porque non llos consume. É o caso da pesca do linguado e o bogavante no Mar do Norte, dos que, por cada quilo, descártanse preto de 6 quilos doutras especies mariñas. Isto implica non só un desperdicio de recursos, senón tamén a redución da cantidade de peixes a capturarse no futuro, así como de animais de reprodución. Calcúlase que en Europa se tira entre un 20 e un 60 por cento da pesca total anual. Isto mina todos os esforzos por conservar as especies e a saúde do ecosistema.

A Comisión da Unión Europea na súa política pesqueira común (PPC) iniciada en 2003 promove o “desenvolvemento sustentable de actividades marítimas e a explotación sustentable dos recursos pesqueiros das augas comunitarias e extracomunitarias”. Ao longo do seu 70.000 km de costas, as augas europeas xeran un 40% do PBI. O Fondo Europeo de Pesca da Unión persegue o obxectivo de garantir a explotación sustentable dos recursos pesqueiros.

E si non fan o que din os seus estatutos será pan para hoxe e fame para maña.

Otero Regal

Exit mobile version