Site icon Crónica3.com A Mariña

Unifoz explica que no ultimo pleno o alcalde empregou prepotencia, chulería e o non saber estar para recortar dereitos aos grupos da oposición

Nota de prensa

RECORTE E ATENTADO AS LIBERDADADES POR PARTE DO PP DE FOZ NON PLENO EXTRAORDINARIO DO PASADO 29 DE DECEMBRO.
A situación pasada no último pleno de Foz, só pasará a historia como a actitude do peor Alcalde ,que emprega a Prepotencia, chulería e o non saber estar  para recortar dereitos aos grupos da oposición e consecuentemente e  máis triste e lamentable eliminar a posibilidade da elaboración consensuada dun Plan de Emprego Municipal (P.E.M.)
O E. de Goberno do PP de Foz, está seriamente enfermo , sen iniciativa, sen organización, sen experiencia , sen diálogo,  sen capacidade, sen peso político  na mesa de plenos  e sen apoio do PP da Xunta como o demostra , que en tema de emprego no último ano en diferentes programas a Xunta  de Galicia do P.P. investiu en Foz 86.582 €, mentres en Burela foi de 246.451 €,en Barreiros foi de 169.167 €, en Vicedo 105.057 €, en Cervo 226.774 €…………..así mesmo vemos que a Xunta de Galicia non fai nin un so xesto político en outros temas e compromisos co pobo de Foz.
A todo o exposto temos que engadirlle a teima do Sr Alcalde de que os grupos da oposición non podemos facer propostas para axudar a gobernar, e colaborar para dar respostas aos problemas que sofren os veciños de Foz.
O P.P no parlamento de Galicia propuxo a Xunta do PP a elaboración dun Plan de Emprego, na Deputación acordase a elaboración dun Plan de Emprego e non Concello de Foz o Sr Castiñeira cun informe feito a medida, e cao súa prepotencia e falta de diálogo nega esa posibilidade ao Pobo de Foz , e por si todo isto fora pouco, incumprindo a LRBRL , retira un punto da orde do día na propia mesa do salón de plenos ao seu entoxo e nega o turno de palabra aos grupos da oposición respecto a esta decisión, sendo esta decisión a que provocou que UNIFOZ se vira obrigado a abandonar o Pleno.
O Sr Alcalde, quere gobernar con 5 concelleiros dun total de 13, se diálogo, pensa que o Concello e seu, e tamén lle molesta que a UNIFOZ, faga proposta para axudar aos veciños, xustificando que é competencia da Alcaldía; competencia da Alcaldía sería si houbera un goberno competente, pero  hai un goberno que so pensa en que pasen os días, que so pensa en defender a Xunta antes que o Pobo de Foz, (como o demostrou non tema de sanidade, e en non apoiar propostas de reclamarlle a Xunta melloras para Foz), que so pensa en contratar servizos con empresas privadas externas e se preocuparse do máis de 700 parados/as que ten o noso pobo.
Respecto as declaracións do sr Alcalde de que acusa a UNIFOZ de ter ansias de gobernar, temos que aclararlle que UNIFOZ, puido participar no goberno si así o houbera considerado, pero UNIFOZ, ten ansias e ilusión en traballar para os veciños/as de Foz, dende o goberno ou dende a oposición, pero con respecto e dignidade, e non a calquera prezo.
Ao marxe do exposto, UNIFOZ ten que agradecer o apoio unánime da corporación a dúas propostas aprobadas no mesmo, como son a de solicitar a Deputación a reforma integral da rúa da Báscula en Marzán e a solicitude ao Ministerio de Fomento dun terreo para os veciños de Forxán.
UNIFOZ, seguira traballando para os veciños de Foz, e presentando propostas para mellorar o noso pobo, na posición que lle corresponda, pero con respecto e coherencia e segundo o seu compromiso cos veciños recollido no programa electoral.
UNIFOZ,  centrará a súa preocupación en elaborar propostas para mellorar a  situación desas máis de 700 persoas que están en paro, e considera imprescindible para Foz a Aprobación dun Plan e Emprego Municipal, e seguirá loitando para que o mesmo sexa aprobado, e esixirá que no presuposto municipal figure integramente o contido  do Plan de Emprego Municipal.

Exit mobile version