Site icon Crónica3.com A Mariña

UNIFOZ pide a comparecencia do alcalde para que explique a retirada de puntos da orde do día do último pleno

Nota de prensa:
Foz a 22 de xaneiro de 2012

SR. ALCALDE.

Jaime Cancio Rodríguez, Ana Mª López Campoamor, Mª Ángeles Veiga Varela en representación do grupo Municipal UNIFOZ e no seu nome Jaime Cancio Rodríguez como portavoz de UNIFOZ na Corporación Municipal que Vostede preside, ao amparo do disposto no REAL DECRETO 2568/ 1986 do 28 de novembro do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais , sección 4º do control e fiscalización polo pleno da actuación dos órganos de goberno, artigo 104, control e fiscalización polo pleno, apartado a) , e no exercicio do Dereito Fundamental, recollido no artigo 23.1 da Constitución no que se recoñece o dereito fundamental dos cidadáns de participar nos asuntos públicos por medio dos representantes libremente elixidos nas eleccións por sufraxio universal.

SOLICITAMOS información e debate con carácter de URXENCIA para que por parte do Sr Alcalde se informe a corporación municipal na vindeira sesión plenaria os motivos polos que decidiu retirar un punto da orde do día do pleno extraordinario do 29 de decembro de 2011.

Jaime Cancio Rodríguez
SR. ALCALDE PRESIDENTE DO CONCELLO DE FOZ

Exit mobile version