Site icon Crónica3.com A Mariña

UNIFOZ pide un estudio da situación social das familias con dificultades do concello e dar resposta á situación

Nota de prensa

Jaime Cancio Rodríguez, Ana Mª López Campoamor, Mª Ángeles Veiga Varela en representación do grupo Municipal UNIFOZ na Corporación Municipal que Vostede preside e no seu nome o seu portavoz Jaime Cancio Rodríguez

EXPÓN:

Que o desemprego xunto con outros factores está provocando unha difícil situación nas familias do noso pobo e de forma moi especial a aquelas familias máis desfavorecidas.

As estatisticas falan por si solas, o 71% dos fogares galegos chegan a final de mes con dificultade e o 60% con moita dificultade.

No último ano, aumentou considerablemente o número de persoas que necesitan axuda por estar en risco de exclusión social.

O goberno do estado tomou medidas de contido económico que dificultan aínda máis a situación para estas familias en especial a moratoria de aplicación de lei de dependencia.

A xunta de Galicia, recortou as axudas aos concellos no último ano nun 70%, no que respecta a axuda no fogar.

Por todo o exposto .É polo que

Presentamos a seguinte proposta de MOCIÓN a Corporación Municipal :

Debate político de estudio da situación social das familias con dificultades do noso Concello.

Elaboración de propostas políticas coa finalidade de dar resposta a situación social das familias con dificultades.

Exit mobile version