Site icon Crónica3.com A Mariña

UNIFOZ presenta rogos para melloras de mantemento urxentes, algunhas xa pedidas pero non atendidas polo alcalde

Nota de prensa

SR. ALCALDE
Jaime Cancio Rodríguez, Ana Mª López Campoamor, Mª Ángeles Veiga Varela en representación do grupo municipal de UNIFOZ na Corporación Municipal que Vostede preside a través do seu portavoz Jaime Cancio Rodriguez
Presentamos os seguintes ROGOS:

1.- Que no Porto de Foz, dende fai anos está instalado a PISTA DE SKEY nun espazo adicado a que os rapaces fagan actividades .

Que con data 09/11/2011, UNIFOZ fixo un rogo para que se fixeran melloras de reparación e mantemento na PISTA DE SKEY.

Que ao día de hoxe o mencionado espazo segue con graves carencias de mantemento e que xa produciron algún que outro accidente aínda que de momento por sorte sen consecuencias graves..

Que ese espazo físico non ten WC, o que representa un problema de saúde pública.

Por todo o exposto ROGASMOLLE, tome as medidas oportunas para dar urxente solución a estes problemas plantexados.

Es posible que tu navegador no permita visualizar esta imagen.

2.-Que, na rúa Illa Nova esquina coa rúa Rego de Foz, podemos ver como de forma desproporcionada, desorganizada e con certo perigo (invadindo un paso de peóns) hai unha serie de contenedores, sen ningún tipo de soporte para a súa suxeción, encontrándose os soportes a uns metros de distancia sen ter ningunha utilidade, o que parece que no pasado os mecionados contenedores estaban noutro lugar xunto cos seus repectivos soportes.

Que con data 09/11/2011 UNIFOZ fixo un rogo para que se fixeran melloras expostas, pero ao dia de hoxe segue sen ser atendido.

Por todo o exposto ROGASMOLLE, tome as medidas oportunas para reorganizar a instalación dos contenedores expostos para que podan dar o mellor servizo co menor impacto visual e non supoñan perigo algún para a seguridade vial.

Por todo o exposto ROGASMOLLE, tome as medidas oportunas, para dar resposta a estas deficiencias.

3.- Que na parroquia de Fazouro, o chamado Camiño Real que pasa póla antiga Fabrica de Pardiñas e une Fazouro con Forxan, encontrase en moi mal estado, sendo necesaria a urxente reparación.

Por todo o exposto ROGASMOLLE, tome as medidas oportunas, para dar resposta a estas deficiencias.

Exit mobile version