Site icon Crónica3.com A Mariña

UNIFOZ presentou unha moción interesandose pola situación das familias con dificultades e unha iniciativa pedindo paneis turisticos na A6 e na A8

Nota de prensa

UNIFOZ, presentou para a sesión plenaria do día 26 do presente mes dúas novas mocións:

1º-Solicitar do Ministerio de Fomento a instalación de paneis de información turística tanto na A6 como na A8, coa finalidade de que esta Comarca conta coa sinalización oportuna, e así mesmo dese traslado deste acordo a Mancomunidade de Municipios da Mariña e tamén a Deputación Provincial para que tramiten o acordo de apoio a esta proposta………….., a mesma foi aprobada por unanimidade, ao que UNIFOZ, quere agradecer o apoio de todos os grupos.

2º- Debate político de estudio da situación social das familias con dificultades do noso Concello.

Elaboración de propostas políticas coa finalidade de dar resposta a situación social das familias con dificultades.

Neste apartado UNIFOZ, fixo unha exposición da realidade social das familias nas que Foz, forma parte:

-O 79 % dos fogares galegos en concellos de 10.000 habitantes chegan a fin de mes con dificultade, todo isto motivado pola dificultade económica como consecuencia da perdida de emprego, máis impostos….

-O número de persoas que solicitaron a RISGA en Galicia no último ano aumentou notablemente ( 4.798 ano 2009; 4.989 ano 2010; 5416 ano 2011).

-A Xunta eliminou a axuda de 1.200 € para emerxencia social que anualmente concedía ao Concello de Foz, no Plan Concertado

-No Concello de Foz son 60 ,as familias as que se lles entregan alimentos da Cruz Vermella dúas veces ao ano, son 32 , as familias as que se lles concedeu unha axuda de E.SOCIAL ou RISGA, e curiosamente mediante a ordenanza de axudas que ten o Concello para estes casos, no ano 2011, so se entregou unha axuda de 80 €.

Ante esta situación, UNIFOZ propuxo que se aprobaran as seguintes propostas:

Facer máis publicidade da ordenanza de axudas de emerxencia entre os nosos veciños/as.

Dar preferencia na contratación en contratos temporais de persoas pertecentes a familias con tódolos membros en paro, en igualdade de mérito e capacidade.

Estudio de posta en marcha dun banco de alimentos.

Contemplar tamén axudas para familias con fillos/as cursando estudios pos-obrigatorios .

Modificar a partida do presuposto prorrogado do 2008 24.489 de S.Sociais que en estes momentos ten 4.000 € e pasala a 20.000 para atender as necesidades das familias en emerxencia social.

A mencionada proposta quedou pendente para estudo polos grupos co compromiso de tratala no próximo pleno do mes de febreiro.

No apartado de rogos e preguntas, UNIFOZ, plantenxou:

Corrixir o mal funcionamento da depuradora de residuais que nos últimos tempos está a despedir un cheiro moi forte.

Solicitar reunión coa Consellería de Sanidade, para que reciba a Corporación e falar da sanidade en Foz.

Corrixir a situación dos contenedores na rúa Illa Nova e Rego de Foz.

Que se vixíe as pistas forestais polas que se está sacando madeira con camións pesados.

Exit mobile version