Site icon Crónica3.com A Mariña

UNIFOZ propón solicitar do Ministerio de Fomento a instalación de paneis de información turística da comarca tanto na A6 como na A8

Nota de prensa

Jaime Cancio Rodríguez, Ana Mª López Campoamor, Mª Ángeles Veiga Varela en representación do grupo Municipal UNIFOZ na Corporación Municipal que Vostede preside e no seu nome o seu portavoz Jaime Cancio Rodríguez

EXPÓN:

Que a Comarca da Mariña é un dos potenciais máis importantes que ten a provincia de Lugo, como o demostra o número de visitas que ano tras ano se achegan a mesma para coñecer as nosas praias ,monumentos, e gastronomía.

Que a pesares das diferentes solicitudes de organismos públicos e privados esta Comarca ten unha deficitaria ou nula sinalización nas principais vías de comunicación como son a A6 que nos une co resto de España e A8 que nos une con Europa .É polo que

Presentamos a seguinte proposta de MOCIÓN para que a Corporación Municipal acorde:

-Solicitar do Ministerio de Fomento a instalación de paneis de información turística tanto na A6 como na A8, coa finalidade de que esta Comarca conta coa sinalización oportuna, e así mesmo dese traslado deste acordo a Mancomunidade de Municipios da Mariña e tamén a Deputación Provincial para que tramiten o acordo de apoio a esta proposta.

Exit mobile version