Site icon Crónica3.com A Mariña

Contundente vitoria (7-0) do Burela FS Pescados Rubén no Vista Alegre ante o Rioxa Diamante

Nota de prensa

Vitoria contundente do Burela FS Pescados Rubén ante o Rioxa Diamante que levou un 7-0 de Vista Alegre, no regreso á competición de Primeira División. O conxunto dirixido por Javier Pardeiro iniciou o 2012 igual que o 2011, con unha goleada. Nesta ocasión o triunfo laranxa tivo dedicatoria especial para Lucía Nespereira. O cadro burelés saltou á pista con camisetas de apoio e ánimo para a súa compañeira á que brindaron un bo partido e moitos goles.
O equipo burelés comezou o choque con intensidade e ambición por  aclarar canto antes quen controlaba o partido. Aínda que o Rioxa quixera non era quen de discutirlle a posesión ao conxunto laranxa que con determinación derribou a resistencia visitante. Aos seis minutos o panorama estaba despexado con goles de Claudia, Rosana e Lidia. A renda de 3-0 non desmotivou ao Burela que mantivo a concentración e marcou o 4-0, nunha acción de estrategia, por mediación de Maite. Con este marcador chegouse ao ecuador en na continuación Maite foi a protagonista ante o seu ex equipo, marcando tres goles máis. No segundo periodo o Diamante foi un barco a deriva, con vontade e coraxe, pero sin recursos para frear o estilo laranxa.

Exit mobile version