A Aula da Rede CeMIT informa de novos cursos de alfabetización dixital, iniciación á informática na aula CeMIT do Concello de Burela. O primeiro deles iniciarase o vindeiro día 1 e rematará o 12 de marzo. O seu horario será de 11:00 a 12:30 horas. O segundo comezará o día 7, finalizará o 27 de marzo e impartirase en horario de 19:00 a 20:00 horas. Para inscribirse ou para solicitar máis información dirixirse á Aula CeMIT de Burela sita na Casa da Xuventude – Rúa do Cancelo 1, a través da páxina web https://cemit.xunta.es/, ou enviar un correo electrónico ao enderezo: cemit.burela@xunta.es