A asociación de sendeirismo “Paso Miúdo” fará o vindeiro día 12 de febreiro a: Ruta dos Muíños en Bres (Taramundi). A saída será dende a casa da cultura de Ferreira as 8:00 da mañá. Os prezos para esta ruta son: 20€ para socios e 25€ para non socios, estes prezos inclúen comida e autobús. Todas aquelas persoas que desexen participar deste evento deberán apuntarse ata o día 9 de febreiro nos teléfonos 982574741 / 982575127 ou en pasomiudo@gmail.com