Site icon Crónica3.com A Mariña

A aula da rede CeMIT de Burela imparte tres novos cursos

A aula da rede CeMIT de Burela acollerá dous cursos de “Alfabetización dixital: Correo electrónico”. O primeiro iniciarase o día 10, rematará o día 15 e impartirase en horario de 11:00 a 12:30 horas. O segundo comezará o día 13, finalizará o 27. O horario será de 16:00 a 17:00 horas. Os dous cursos están dirixidos a persoas con coñecementos básicos de Internet. O día 16 deste comezará o curso “Alfabetización dixital: Follas de Cálculo” dirixido a persoas con coñecementos básicos de informática. O curso rematará o día 28 e impartirase en horario de 11:00 a 12:30 horas. Para inscribirse ou para solicitar máis información poden dirixirse á Aula CeMIT de Burela na Casa da Xuventude – Rúa do Cancelo 1, a través da web https://cemit.xunta.es/, ou por correo electrónico en cemit.burela@xunta.es

Exit mobile version