Site icon Crónica3.com A Mariña

A biblioteca pública municipal de Foz convoca o IX Certame de Poemas de amor

Nota de prensa

IX Certame de Poemas de Amor da Biblioteca Pública Municipal de Foz. O certame máis antigo da comarca e no que anoa a ano participa máis xente doutras comarcas.Especial agradecemento ao restaurante O LAR e a Viaxes Rodríguez polo se patrocinio

1) Poderán participar tódalas persoas que o desexen en tres modalidades : Infantil (ata 11 anos), Xuvenil (de 12 a 18 anos) e Adultos (de 19 en diante).
2) O tema será referente ao amor e ao Día de San Valentín.
3) A extensión máxima será dunha folla DIN-A4. Pode ser escrita a máquina, ordenador ou a man (en maiúsculas).
4) Os poemas presentaranse sen ningunha identificación exterior. Deberán acompañar ao poema un sobre pechado no que se introducirá : nome, apelidos, dirección completa, teléfono e a idade.
5) Os poemas presentaranse preferentemente en galego.
6) Os traballos entregaranse na Biblioteca Pública Municipal e o prazo de presentación será ata o día 15 de febreiro de 2012 e tamén a través de
biblioteca@concellodefoz.es
7) Os premios por cada modalidade serán os seguintes:
1º e 2º Premio Infantil : Lote de libros máis agasallo
1º e 2º Premio xuvenil : 50€ e cea – 30€ e cea
1º e 2º Premio adultos : 100€ e noite de hotel – 60€ e cea
8) Os poemas pasarán a ser propiedade da Biblioteca Municipal e resérvase a face-lo uso que considere oportuno.

9) O fallo do xurado será anunciado a través de Radio Foz, prensa ou ben chamando ao 982.140675. A entrega de premios será nun acto a celebrar o día 3 de marzo ás 20:00 h. no Salón de Actos da Casa da Cultura.
10) A participación no certame implica a aceptación destas bases.

Exit mobile version