Site icon Crónica3.com A Mariña

Instalada a capela ardente de Rodrigo Maseda na Casa da Cultura de Burela, o funeral é o venres as catro da tarde

Nota de prensa 2/2
Hai uns minutos quedou instalada na Casa da Cultura de Burela a capela ardente cos restos mortais de
Rodrigo Maseda Lozano, o policía nacional desaparecido en augas da praia coruñesa do Orzán a pasada
semana. O cadáver do axente foi localizado esta mañá.

O funeral será mañá, venres 3 de febreiro, ás 16:00 horas na igrexa parroquial de Burela e a continuación
o corpo do axente será trasladado ata o cemiterio parroquial de a puída.

Nota de prensa 1/2

ÁS SETE DA TARDE QUEDARÁ INSTALADA NA CASA DA CULTURA DE BURELA A CAPELA ARDENTE COS RESTOS MORTAIS DE RODRIGO MASEDA LOZANO. O CADÁVER DO AXENTE FOI LOCALIZADO ESTA MAÑÁ PRETO DO LUGAR NO QUE DESAPARECEU HAI UNHA SEMANA.

Burela, 2 de febreiro de 2012. Cara as sete da tarde quedará instalada na Casa da Cultura de Burela a capela ardente cos restos mortais de Rodrigo Maseda Lozano, o policía nacional desaparecido en augas da praia coruñesa do Orzán a pasada semana. O cadáver do axente foi localizado esta mañá.

O funeral será mañá, venres 3 de febreiro, ás 16:00 horas na igrexa parroquial de Burela e a continuación o corpo de Rodrigo Maseda será trasladado ata o cemiterio parroquial de A Puída. Está previsto que ao funeral asistan representantes dos gobernos central e autonómico.

O Concello de Burela reitera o seu pesar polo falecemento de Rodrigo Maseda e agradece todas as mostras de condolencia que están a recibir tanto de veciños da vila coma de cidadáns doutras localidades galegas e españolas.

Exit mobile version