
Javier Acebras fixo máis hibrido aínda o seu Toyota Prius e incorporoulle GLP (Gas Licuado de Petróleo) para aforrar gasolina, que vai en aumento cara ao euro cincuenta. O depósito de combustible vai axustado en lugar da roda de reposto debaixo do maleteiro e conta cunha capacidade de 57 litros co que pode percorrer uns 750 Km. Agora o Prius funciona en eléctrico e a gas a maior parte do tempo. O taxi converteuse no único da comunidade galega que utiliza as tres enerxías para impulsar o motor. O prezo da instalación supuxo un total de 2000 €, que Acebrás prevé desquitar nun ano xa que o gas atópase nestes momentos a 0,80 € o litro, e o consumo só aumenta un 0.03% respecto da gasolina.