Site icon Crónica3.com A Mariña

A delegada da Xunta recorda o investimento en potenciar CCAA e asociacións de comerciantes da Mariña

A
Nota de prensa

RAQUEL ARIAS DESTACA QUE A XUNTA INVESTIU MÁIS DE MEDIO MILLÓN DE EUROS EN POTENCIAR OS CENTROS COMERCIAIS ABERTOS E AS ASOCIACIÓNS COMERCIAIS DA MARIÑA

A delegada territorial mantivo unha reunión con impulsores da asociación de comerciantes de Burela, cos que traballou en torno ás liñas a seguir para o desenvolvemento do colectivo

Burela, 1 de febreiro de 2012.- A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, destacou hoxe “o esforzo económico que está a realizar a Xunta de Galicia na procura de potenciar os colectivos comerciais da comarca da Mariña”. Arias fixo estas declaracións no marco dunha reunión de traballo cun grupo de impulsores da asociación comercial de Burela.

Durante a xuntanza con representantes da asociación comercial de Burela, Arias plantexoulles a estes as vías nas que poden actuar para desenvolver os proxectos da asociación, que ten en marcha un programa de actividades diverso. Así mesmo, a representante do Executivo galego na provincia expúxolles as liñas recollidas na Lei do Comercio Interior de Galicia, que é froito do consenso e que entrou en vigor hai arredor dun ano.

A delegada territorial significou o importante traballo desenvolvido ata o momento pola asociación e o nivel de colaboración e adhesión por parte do tecido comercial da localidade, posto que son xa arredor de 200 os comerciais e industriais asociados á agrupación. “Esta colaboración por parte do sector e a actividade da asociación supoñen un estímulo e redundan en beneficio do potencial económico de Burela”, abundou.

No tocante ao esforzo económico na comarca, Arias significou que o apoio da Xunta deparou un investimento en axudas na zona que supera o medio millón de euros (503.670 euros) nos tres anos que abrangue a actuación do actual goberno autonómico. “Son achegas orientadas a favorecer o establecemento e o traballo duns colectivos moi importantes para a economía da zona polo posicionamento estratéxico que posúen no desenvolvemento do comercio de proximidade”, indicou Arias, que incidiu na condición de “motor dinamizador das vilas e cidades da contorna” que teñen todas estas agrupacións.

Neste sentido, polas características en canto a número de comercios e a distribución xeográfica dos mesmos, os únicos Centros Comerciais Abertos (CCA) existentes na Mariña na actualidade son os de Ribadeo e Viveiro. Ámbolos dous CCA recibiron 224.137 euros e 195.282 euros en axudas, respectivamente, dende o ano 2009.

A aposta da Consellería de Economía e Industria, a través da Dirección Xeral de Comercio, polos colectivos comerciais da Mariña queda reflectido tamén nas achegas realizadas a outras asociacións deste ámbito que dispoñen dun menor número de socios, como é o caso das de Mondoñedo, Cervo ou Covas (Viveiro), que recibiron preto de 85.000 euros (84.250,51 euros).

Exit mobile version