Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación asegura que as medidas do goberno central no sector eólico destruirán uns 7 mil empregos

Nota de prensa

A Deputación denuncia a destrución de case 7.000 empregos en Lugo coas medidas dos Gobernos do PP para o sector eólico

– Esta é, xunto á perda de preto de 2.200 millóns de euros en investimento directo e ó incremento da despoboación no rural, unha das consecuencias na provincia da supresión de primas ás enerxías renovables de Rajoy e da anulación do anterior Plan Eólico de Feijóo

– García Porto avanzou que o Goberno Provincial levará unha proposta ó Pleno instando ó Executivo Central a anular esta medida, e ó Galego a tentar unha excepción coa Comunidade como se fíxoo con Canarias, ademais de especificar medidas para paliar os seus efectos

A Deputada de Economía, Recadación e Facenda, Pilar García Porto, avanzou hoxe a proposta que levará o equipo de Goberno ó vindeiro Pleno logo de constatar con datos oficiais as consecuencias na provincia que suporán as medidas para o sector eólico impulsadas dende os Executivos Central e Galego. García Porto salientou que as iniciativas dos populares “son unha auténtica ruina para Lugo xa que supoñen a destrucción de case 7.000 empregos, bloquean o desenvolvemento económico e incrementan o forte despoboamento que xa sofre o rural lugués”.

A tamén vicevoceira provincial socialista explicou que o Presidente do Goberno Central, Mariano Rajoy, vén de aprobrar un Real Decreto Lei que anula a suspensión de incentivos económicos ás enerxías renovables, conlevando que a súa venda non cubra, nin tan sequera, os custes de construción de parques eólicos; ó tempo que pecha o rexistro para a preasignación de retribucións no sector, supoñendo que en Galicia queden sen primas os miles de megawatios previstos no Plan Eólico que impulsou o anterior Goberno galego (dirixido por PSOE-BNG) porque o actual Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, decidiu paralizalo logo de que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia avaliase a súa legalidade, “é dicir, fíxoo só por motivos políticos e ideolóxicos”.

García Porto remarcou que estas medidas conlevan terribles consecuencias económico-laborais en Galicia, sendo Lugo unha das provincias máis afectadas na Comunidade segundo constatan os datos oficiais:

1º.- Quedan sen acceso a primas os 2.325 megawatios que Feijóo prometeu para Galicia co denominado Plan Rexurde que substituíu ó proxecto de socialistas e nacionalistas, dos que 1.142 megawatios, é dicir, o 49% do total, pertencen ós parques de Lugo. Para que se fagan unha idea: a mesma potencia que se necesita para abastecer a 600.000 fogares ou a que precisa a central térmica das Pontes para poder funcionar (a potencia instalada na central das Pontes é de 1.400 megawatios).

2º.- Paralízanse os 6 millóns de euros para a creación de 91 parques eólicos na Comunidade. Concretamente, en Lugo pérdense 2.169 millóns de euros (1,9 millóns de euros/ MW x 1.142 MW) en investimentos directos como a construción das propias instalacións eléctricas; e 2.626 millóns de euros (2,3 millóns de euros/ MW x 1.142 MW) en investimentos para plans industriais asociados que garantan a posta en marcha ou o mantemento de ditos parques.

3º.- Destrúense os 12.000 empregos en Galicia que prometía crear a Xunta xa en 2011 tal e como aínda se pode ver na páxina web da Consellería de Industria; unha cifra que na provincia se sitúa nos 6.852 postos de traballo. (6 empregos/ MW x 1.142 MW).

4º.- Favorécese o despoboamento do rural galego, sendo dun dos grandes perxudicados debido á perda de máis 800 millóns de investimento asociado, de máis de 13 millóns procedentes do aluguer de terreos e de máis de 2.000 postos de emprego, -o 16% dos totais-.

“Mentira e manipulación”

Con este datos oficias na man, a Deputada preguntouse “¿como se poden encher a boca os populares, sobre todo durante as campañas electorais, dicindo que teñen as fórmulas para rematar co desemprego e saír da crise?”, setenciando que “unha e otra vez o Partido Popular amosa que a súa política basease na mentira e na manipulación. A decisión de Feijóo de anular o Plan Eólico do bipartito e á supresión de primas de Rajoy só contribrúe á recesión económica e ó bloqueo doutras iniciativas xeradoras de riquezas de adminsitracións como a Deputación de Lugo”. E é que, explicou García Porto, estas medidas tamén paralizan a tramitación de todas as instalacións de enerxías fotovoltaicas e eólicas previstas co programa europeo Lug02. Por todo elo, o equipo de Goberno levará o Pleno de febreiro unha proposta na que se aprobe o seguinte:

– Instar ó Goberno Central a que derogue o Real Decreto Lei para evitar tanto a destrución dos miles de postos de traballo que se prevían crear en Lugo coa explotación dos parques eólicos como para que os proxectos que a Deputación ten previsto levar a cabo no marco do programa Lug02 non se vexan limitados.

– Esixir á Xunta de Galicia a que especifique que medidas de apoio ten previstas para paliar os efectos da normativa na Comunidade e na nosa provincia en particular, xa que somos unha das máis perxudicadas pola decisión do Goberno Central.

– A Deputación de Lugo prégalle ó Goberno Galego que intensifique as negociacións co Goberno Central para que este faga unha excepcionalidade con Galicia igual que o fixo con Canarias, evitando así a destrución dos preto de 7.000 postos de traballo que se prevían crear co Plan Rexurde.

Lugo, 23 de febreiro de 2012

Es posible que tu navegador no permita visualizar esta imagen.

Exit mobile version