Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación entregou en Mondoñedo 500 DVD elaborados pola Escola de Imaxe sobre a Noite do Merlín

Nota de prensa:

Por outra banda, José Ramón Val fixo entrega hoxe, no Salón de Plenos do Concello de Mondoñedo, de 500 copias do DVD sobre A Noite de Merlín a Luis Fernández Ansedes, ao presidente da asociación mindoniense Abrindo Camiño, organizadora da xornada cultural celebrada o pasado 17 de decembro.

Bolseiros e estudantes da Escola de Imaxe e Son de Lugo realizaron o traballo audiovisual, que consta de dúas partes: a primeira recolle a representación teatral baseada na obra de Álvaro Cunqueiro Merlín e Familia, que se representou en diversos escenarios da localidade de Mondoñedo, e a segunda dá conta das conferencias impartidas durante o encontro. A presentación do dobre DVD terá lugar o vindeiro domingo, día 12, ás 19:00 horas, no Auditorio Municipal Pascual Veiga de Mondoñedo. Con esta colaboración, a Fundación TIC contribúe á promoción do encontro co fin de manter viva a lembranza da maxia cunqueriana e difundir a riqueza cultural da provincia, ó tempo que incrementa a experiencia práctica dos alumnos e bolseiros da EIS de Lugo.

Exit mobile version