Site icon Crónica3.com A Mariña

A dirección xeral de Vivenda repoñerá o tellado das vivendas sociais da rúa do Río en Burela

Nota de prensa:
A DIRECCIÓN XERAL DE VIVENDA PROCEDERÁ Á REPOSICIÓN DO TELLADO DAS VIVENDAS SOCIAIS DA RÚA O RÍO. A OBRA SUPORÁ UN INVESTIMENTO ESTIMADO DE 117.000 EUROS MÁIS IVA. GONZÁLEZ BARCIA DI QUE SE TRATA DUNHA BOA NOVA PARA OS VECIÑOS.

Burela, 24 de febreiro de 2012. A Dirección Xeral de Vivenda procederá á reposición do tellado das vivendas sociais da rúa O Río, segundo ven de anunciar o alcalde, José Mª González Barcia. A obra suporá un investimento estimado de 117.000 euros máis IVA.

O rexedor burelés explicou que “a Consellería de Medio Ambiente, a través da súa Dirección Xeral de Vivenda, procederá á reposición do tellado das vivendas sociais da rúa O Río de Burela. Esta obra foinos anunciada nunha xuntanza mantida co director xeral o pasado martes en Santiago e ten un presuposto estimado de 117.000 máis IVA”.

González Barcia considera que “se trata dunha boa noticia para os veciños desas vivendas, eu mesmo mantiven unha reunión cunha representación deles no día de onte para informalos desta decisión da Xunta. Como se sabe esta obra estaba previsto facela hai dous ou tres anos, pero a situación económica actual impediu realizala antes”.

O alcalde agarda e confía que “nas vindeiras semanas, tal e como me manifestou o propio director xeral de Vivenda, Antonio Boné, se comecen os trámites administrativos por parte do seu departamento para proceder á adxudicación da obra. Creo que a obra se vai facer neste ano 2012, quizáis nun horizonte de 6 ou 7 meses non máis, e ven atender unha demanda plantexada no seu día polos veciños desas vivendas sociais para arranxar un tellado que empezaba a dar problemas máis que evidentes”.

Exit mobile version