Site icon Crónica3.com A Mariña

A fotógrafa Carolina Infante expón “Alén do mar” na Casa da Cultura de Burela

Do día 3 de Febreiro ao 2 de Marzo Carolina Infante exporá parte do seu traballo na Casa da Cultura. A exposición, titulada “Alén do mar”, consiste nunha serie de instantáneas documentais sobre a pesca de altura. As fotos foron realizadas durante unha xornada laboral do arrastreiro “Río Xunco”. Carolina Infante estudou bacharelato artístico no IES Monte Castelo, Gráfica Publicitaria na Pablo Picasso (A Coruña) e Fotografía Artística na escola de Artes e Oficios de Granada

Exit mobile version