Nota de prensa:
MARIO OUTEIRO RECOLLEU HOXE NA CORUÑA O PREMIO DA ONCE POLO TRABALLO A PROL DA ACCESIBILIDADE NA ÁREA DE CULTURA DA DEPUTACIÓN
A Rede Museística Provincial foi galardoada na categoría de accesibilidade universal nos V Premios Solidarios da ONCE en Galiza, que se entregaron hoxe no Hotel NH Atlántico de A Coruña
Mario Outeiro foi o encargado de recoller o galardón, momento no que aproveitou para felicitar ao departamento de capacidades diferentes da Rede Museística polo seu traballo destes anos a prol da accesibilidade global
Encarna Lago, xerente da Rede Museística, afirmou que “traballar coa accesibilidade implica traballar día a día porque detrás de cada persoa hai unha barreira”
Mario Outeiro congratulouse e felicitou “ao departamento de capacidades diferentes da Rede Museística polo seu traballo destes anos a prol da accesibilidade global, porque é o noso traballo desde a Área de Cultura da Deputación tratar de achegar a cultura a todas as persoas”.
A xuízo do xurado, o traballo desenvolvido pola Rede Museística denota unha importante sensibilización e esforzo ao pór en marcha un paquete integral de actuacións de accesibilidade universal en lugares emblemáticos, como son os edificios que albergan os museos, ao mesmo tempo que normalizou eficazmente a participación do colectivo de persoas con discapacidade en todas as actividades programadas, así como na propia inclusión como traballadores dos museos. O Xurado estivo formado por Dolores Venancio, presidenta do Consello Territorial de ONCE-Galiza; Coro Piñeiro, Secretario Xeral de Política Social da Xunta de Galiza; Manuel Martínez Pan, Delegado Territorial de ONCE-Galiza; Anxo Queiruga, Presidente do Cermi-Galiza; o presentador de TV Paco Lodeiro e os xornalistas Tino Santiago, Pablo Portabales, Antón Luaces e Ernesto Sánchez Pombo.
A xerente da Rede Museística, Encarna Lago, afirmou que “somos conscientes de xestionamos cartos públicos e temos a obriga de facer chegar os nosos servizos a todo o mundo, entón aquí non se traballou unicamente na eliminación de barreiras arquitectónicas, pero á vez tamén se traballou para dende o punto de vista da discapacidade como ofrecerlles unha integración no mundo laboral para que sexan capaces tamén de prestar servizos como funcionarios públicos con total normalidade”. Lago afirmou que “traballar coa accesibilidade implica traballar día a día porque detrás de cada persoa hai unha barreira e hai que estar aí para eliminala, porque desde o nivel físico ao intelectual todas as persoas temos capacidades diferentes e é a nosa obriga poñer ao dispor os medios públicos poñendo as axudas humanas e técnicas necesarias.”
A Rede Museística Provincial de Lugo leva máis de 10 anos loitando por facer accesibles todos os seus museos ao público discapacitado. O noso obxectivo é retirar a etiqueta de excepcional na aplicación da accesibilidade e facer dela un factor común a ter en conta na planificación de calquera acción social e cultural.
O 8 de outubro do 2007, desde a Rede Museística Provincial de Lugo, solicitouse a modificación da RPT (Relación de Postos de Traballo da Deputación Provincial de Lugo) para incorporar a creación dun novo departamento que prestase unha atención específica á diversidade. A creación do Departamento de Capacidades Diferentes e Discapacidade adscrito á Xerencia da Rede Museística foi aprobado polo Pleno da Deputación o 26 de Febreiro do 2008. Nese mesmo ano, a Área de Cultura da Deputación aproba o plan integral de reformas e obras do Museo Provincial de Lugo, no que se contemplaba o plan estratéxico de accesibilidade. Este amplo plano de actuacións foi presentado pola Xerencia para ser incluído nos orzamentos da Deputación para o período 2007-2008. En outubro do ano 2008 iniciáronse as obras que, en teoría, executarían o plan en Lugo capital: pintar, iluminar, cambiar chan, vitrinas, entre outras, de acordo a criterios de accesibilidade. É dicir, púñase en marcha o proxecto museolóxico redactado ao longo de nove anos en estreita colaboración co tecido asociativo. Actualmente estase a traballar nos proxectos do Museo Provincial do Mar de San Cibrao e no Museo Pazo de Tor, para seguir mellorando nesta liña de traballo.
PROGRAMA INSTITUCIONAL INCLUSIVO DA REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL DA DEPUTACIÓN DE LUGO
“Pelexamos polo posible, loitamos polo invisible”
Encarna Lago González
Xerente da Rede Museística Provincial
Departamento de Capacidades Diferentes e Accesibilidade
2
PROGRAMA INSTITUCIONAL INCLUSIVO DA REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL
“Pelexamos polo posible, loitamos polo invisible”
Encarna Lago González
Xerente da Rede Museística Provincial
Departamento de Capacidades Diferentes e Accesibilidade
Nos últimos vinte anos desenvolveuse a “Nova Museoloxía”, unha corrente que procura a democratización dos valores e os produtos culturais. Os museos cambiaron o seu centro de interese do obxecto ao visitante: multiplicáronse as exposicións temporais, os “eventos”, a tecnoloxía audiovisual invadiu espazos onde antes reinaban vitrinas cheas de obxectos. As novas formas de visitar o museo son cada vez máis atractivas e van logrando os obxectivos plantexados, pero no camiño esquecéronse de facer chegar esta mensaxe a un amplo colectivo de persoas. Persoas que teñen algo en común, persoas que non poden desfrutar por igual, que presentan algún tipo de discapacidade e que quedaron no esquecemento, como ben sinala o profesor Espinosa: “O interese pasou do obxecto ao visitante, pero non a todos os visitantes”. Na práctica museística, téñense en conta a diversidade social, a diversidade de capacidades, de idades, de culturas, de xéneros?
A Rede Museística Provincial de Lugo leva máis de 10 anos loitando por facer accesibles todos os seus museos ao público discapacitado. O noso obxectivo é retirar a etiqueta de excepcional na aplicación da accesibilidade e facer dela un factor común a ter en conta na planificación de calquera acción social e cultural.
O 8 de outubro do 2007, desde a Rede Museística Provincial de Lugo, solicitamos a modificación da RPT (Relación de Postos de Traballo da Deputación Provincial de Lugo) para incorporar a creación dun novo departamento que prestase unha atención específica á diversidade. A creación do Departamento de Capacidades Diferentes e Discapacidade adscrito á Xerencia da Rede, foi aprobado polo Pleno da Deputación o 26 de Febreiro do 2008.
No 2008, a Área de Cultura da Deputación aproba o plan integral de reformas e obras do Museo Provincial de Lugo, no que se contemplaba o plan estratéxico de accesibilidade. Este amplo plano de actuacións foi presentado pola Xerencia para ser incluído nos orzamentos da Deputación para o período 2007-2008.
En outubro do ano 2008 iniciáronse as obras que, en teoría, executarían o plan en Lugo capital: pintar, iluminar, cambiar chan, vitrinas, etc., de acordo a criterios de accesibilidade. É dicir, púñase en marcha o proxecto museolóxico redactado ao longo de nove anos en estreita colaboración co tecido asociativo da provincia. Actualmente estamos a traballar nos proxectos do Museo Provincial do Mar de San Cibrao e no Museo Pazo de Tor, para seguir mellorando nesta liña de traballo.
3
Os obxectivos do noso modo de xestión son:
1. Achegarse ao público, dialogar coas distintas realidades, facer coa institución que xestionamos se reinvente continuamente. Defendemos una estrutura de xestión autónoma, profesional e participativa, que permita un desenvolvemento máis sólido da Rede Museística Provincial de Lugo, facendo dos nosos museos lugares máis próximos a todos os cidadáns, xerando así novas condicións para a distribución e accesibilidade da cultura e do noso patrimonio.
2. O modo de xestión que defendemos e polo que apostamos é o que toma conciencia de que traballamos con fondos públicos e non podemos restrinxir o acceso á cultura, antes ben, temos o deber de amplificalo, acrecentar a capacidade da Rede de museos de Lugo como espazo educativo e de investigación para abrirnos a novos públicos, para crear redes de traballo con outras institucións e cos axentes artísticos, sociais e culturais do noso ámbito, nun contorno que debe ser totalmente descentralizado. O reto é lograr estender os efectos da nosa acción cultural e artística ao maior número de minorías de públicos, sen rebaixar o rigor e a calidade que deben marcar as características das actividades. Somos conscientes de que non existe un gran público maioritario, senón moitos públicos minoritarios diferenciados, con intereses, gustos e formacións distintos.
3. “Capacidades Diferentes e Accesibilidade” son os parámetros nos que centramos a nosa actividade nos últimos dez anos.
PROTOCOLO DE ACTUACIÓN: ¿COMO O FIXEMOS?
Entre as estratexias para a inclusión de colectivos con risco de exclusión social, sinalamos unhas pautas de actuación co obxectivo presente de facer un “Museo para todos, entre todos”:
1. Diagnóstico – plantexamento
2. Programación e planificación en función das necesidades.
3. Proxectos – solucións
4. Avaliación e rectificacións
1. O achegamento e diagnóstico do Museo para plantexar solucións: coñecer as persoas, coñecer as realidades.
Durante os anos 2000-2002 establecemos reunións periódicas con todos os colectivos vinculados á discapacidade (persoas con deficiencias visuais, auditivas, motrices, cognitivas e de linguaxe). Entre todos fixemos unha primeira diagnose da accesibilidade do Museo Provincial de Lugo.
4
2. A organización.
Reunións periódicas para compartir ideas e buscar solucións para suplir as carencias do museo mediante a planificación entre todos os grupos sectoriais.
Procura de asesoramento e formación a través da elaboración de xornadas dedicadas ás distintas discapacidades. Nestes cursos e xornadas participaron reputados profesionais de toda España vinculados á discapacidade. Estivemos asesorados por varios especialistas (entre os que podemos destacar a Pedro Lavado), na procura de Un Museo para Todos Entre Todos.
3. Execución: Proxectos-Programa-Solucións
Execución e redacción de programas a curto, medio e longo prazo. Plantexámonos avanzar en círculos concéntricos para ir aumentado o seu diámetro de alcance pouco a pouco. No ano 2002, o proxecto comeza a despegar ante una perspectiva desafiante.
O noso proxecto céntrase en distintos programas, que foron aplicados a todos os museos que forman parte da Rede:
-Pazo de Tor (Monforte de Lemos)
No ano 1998 a Deputación de Lugo recibe como legado o Pazo de Tor, comezándose nese momento o proxecto para convertelo en Museo. Como responsables da montaxe deste museo e da supervisión das obras durante estes doce anos cumprimos a vontade do seu anterior propietario que quería facer deste centro un Museo para todos. Un Museo da memoria, un museo da emoción, un museo onde ás persoas aínda lles é posible ler o espírito do lugar, non só os feitos históricos. Un museo auténtico, palpable orixinal.
-Museo Fortaleza de San Paio de Narla (Friol)
Como o seu nome indica este fantástico continente é unha Fortaleza e non por iso é inaccesible. Un museo cheo de barreiras físicas pero cun programa de actividades e un material de apoio para facelo accesible. A atención do persoal é fundamental e neste museo atopámonos con funcionarios que foron formados e posúen coñecementos básicos no trato e a atención aos diversos tipos de usuarios, o cal garante a eficacia real das actuacións que realizamos. A formación do noso persoal foi realizada por técnicos das asociacións correspondentes.
-Museo do Mar de San Cibrao
San Cibrao é terra de mar. É unha península, unha lingua de terra que sae sen medo a atoparse co mar. Duro, perigoso, bravo, escravo, pero tamén unha porta aberta a novos horizontes esperanzadores.
San Cibrao foi berce de construtores de barcos e de homes intrépidos. A bordo deses barcos botáronse ao mar e escudriñaron nas súas profundidades para extraer os seus froitos e
5
lanzáronse a navegar até afastados mundos. mundos descoñecidos, mundos da memoria, historias sen parangón, que forxan o espírito dun pobo. Historias para ser contadas.
O noso Museo é o seu mellor narrador. Non en van, dende fai máis de corenta anos, este museo, que nunca deixou de ser escola (xa que nun principio foi ideada como escola infantil), lévanos da man polo ronsel que os nosos antepasados, os “creadores” de mundos, deixaron tras de si.
A cultura é unha experiencia interactiva, nós facemos cultura, e o museo é un instrumento de mediación que ten a responsabilidade de comunicar, de establecer un diálogo co público. Así pois, o novo proxecto deseñado para o Museo Provincial do Mar de San Cibrao que foi inaugurado no mes de decembro do 2010, pretende seguir esta filosofía e converterse nun modo de museo aberto a todos os sentidos, inclusivo, con atención plena á diversidade, que sexa capaz de achegar a súa mensaxe e facer partícipe da súa actividade a todos os seus visitantes.
O proxecto inclúe medidas para eliminar barreiras de comunicación entre o museo e as persoas. Traballamos sobre o deseño da exposición, o material de apoio e o tratamento da información.
Para o novo proxecto contamos co asesoramento de persoas e asociacións ligadas ao mundo da discapacidade, pero tamén coa total implicación dos veciños de San Cibrao. Quixemos que aqueles que fixeron posible o museo fosen partícipes activos da nova proposta, coa súa colaboración e opinión, xa que a singularidade do Museo de San Cibrao é resultado do sentir especial que desprende, máis alá das propias funcións que como institución cultural lle corresponden.
Desde o seu nacemento como escola, sempre existiu unha fonda implicación social coa institución. Isto mesmo foi o que converteu a institución no primeiro museo do mar de Galiza de carácter público. Incluso compatibilizou durante anos ambas funcións, como escola durante o inverno e museo polo verán (1969-1988).
O museo constitúe unha icona para a comarca e sobre todo para o pobo de San Cibrao, como elemento esencial da súa identidade.
Por todo o dito, queremos: Un Museo didáctico: un museo que debe continuar sendo una escola, un instrumento para o aprendizaxe e a educación social, un medio para o intercambio recíproco de coñecemento, depositario non soamente de obxectos sen vida, senón do seu patrimonio inmaterial, da memoria histórica e dos recordos que constitúen a identidade dun pobo. Un Museo adaptado: un museo accesible, tanto no discurso como na montaxe expositiva. Diferentes linguaxes sensoriais: visuais, orais, táctiles y cenestésicos de forma que tanto a lexibilidade como a motivación, a interactividade e a comprensión, adquiran o alto grao de accesibilidade global.
6
Un Museo social: que estabeleza un diálogo permanente co seu contorno; un Museo dentro-fóra, que sexa capaz de estender a súa acción fóra dos seus muros e manter unha conexión viva coa súa orixe sociocomunitaria. Un Museo interactivo e dinámico, en constante evolución e en permanente construción, que xere unha sinerxía positiva que o converta no centro de novas accións. As novas tecnoloxías aportarán maior fluidez á conexión do museo co público e ampliará de forma ilimitada o seu ámbito de acción. Un Museo do Futuro: un museo achegado, pero aberto ao mundo. Queremos un museo vivo, humano, un museo no que, en palabras de Georges Henri Riviere, “o éxito non se mida polo número de visitantes que recibe, senón polo número de visitantes aos que ensinou algunha cosa”.
Estes son algúns dos programas que se executaron ou están en vías de aplicarse nos nosos museos:
-Programa eliminación barreiras arquitectónicas:
Museo Provincial de Lugo
Primeiras rectificacións pertinentes e posibles tendo en conta os condicionamentos dun edificio histórico: ramplas provisionais ano 2003-2007, timbre adaptado 2003, baños accesibles 2003, rampla definitiva 2010.
-Museo Pazo de Tor (programas especiais de inclusión 2006-2011):
Na restauración do edificio levamos a cabo un amplo programa arquitectónico (tendo en conta que é un edificio do século XVIII con vestixios anteriores) no que se loitou por dotalo da maior accesibilidade e comodidade posible para todos os usuarios: ascensor, baños accesibles, ramplas, aparcamentos, portas, etc.
Está incluído na guía Predif como un dos tres puntos de interese accesibles de Lugo[1].
-Museo Provincial do Mar (previsión e realización de melloras das condicións inclusión 2010-2011)
Diagnóstico final: 2007-2010
Aparcamento adaptado : dúas prazas diante do museo. Presenza de símbolo internacional. Sinalización de chegada. Portas estándar accesibles. Panel. Baño accesible un único baño para todos os públicos. Rampla. Iluminación adaptada. Pavimentos adaptados. Sinalización táctil. Pintura de paredes, portas e fiestras de acordo a criterios de contraste.
-Programa eliminación barreiras coleccións e montaxe museográfica:
Museo