Site icon Crónica3.com A Mariña

A portavoz do PP na Deputación reuniuse cos alcaldes de Foz e Alfoz para coñecer o estado da LU-0210

Nota de prensa

A portavoz popular da Deputación reuniuse cos alcaldes de Foz e Alfoz para coñecer o estado da LU-0210

O Grupo Popular levará o martes ao pleno da Deputación o arranxo da estrada LU-0210 que une San Acisclo (Foz) e a Seara (Alfoz)

• As corporacións de Foz e Alfoz aprobaron por unanimidade nos seus plenos locais sendas iniciativas nas que lle solicitan á Deputación o arranxo da estrada

A Mariña 25-2-2012- A portavoz do Grupo Popular na Deputación, Elena Candia, reuniuse hoxe cos rexedores locais de Alfoz e Foz, Emilio Lousas e Javier Jorge Castiñeira, respectivamente, para dar conta da situación da estrada LU-0210 de titularidade provincial e que dá servizo dende San Acisclo (Foz) á Seara (Alfoz).

A estrada, que une a LU-152 Ferreira do Valadouro-Foz e a LU-160 Valadouro-Mondoñedo, presenta un mal estado do firme e das cunetas, sendo numerosas as queixas manifestadas polos veciños. Dado esto, dende o dous concellos mariñanos presentaron sendas iniciativas nos plenos locais nas que lle solicitan á Deputación o aglomerado do vial e máis a reforma do entronque da LU-0212 coa LU-152. Tanto a moción que vén de ser presentada no pleno desta semana en Foz como o acordo de Alfoz, con data 25-11-2011, foron aprobados por unanimidade.

Ante esta situación, agora o grupo provincial rexistrou para o próximo pleno da Deputación, que se celebrará o próximo martes 28, unha iniciativa coa que busca coñecer cal é a planificación do organismo provincial para a adecuación do arranxo destra estrada e cando teñen previsto levar a cabo estas obras de gran calado e importancia para os veciños de ámbolos dous municipios. A LU-0210 actúa como saída natural do centro do concello da Alfoz hacia a Mariña Oriental e o Norte de España e é a única vía de comunicación para unha industria forestal asentada dentro dos límites de Alfoz e de especial importancia para o municipio.

Coñecedores do traballo emprendido dende os concellos de Alfoz e Foz para acadar a adecuación digna da estrada dende o grupo provincial, Elena Candia asegura que “vemos inasumible que a Deputación non respecte dúas iniciativas acordadas por unanimidade polas dúas corporacións locais”.

Exit mobile version