Site icon Crónica3.com A Mariña

A selección A Mariña de fútbol sala xogará a fase final do Campionato Galego no Carballiño

Nota de prensa:
O vindeiro Domingo 5-2-2012 o combinado alevín da Selección A Mariña de Fútbol Sala desprazarase ata a localidade de Carballiño para a disputa da Fase Final do Campionato Galego de Seleccións Locais coa esperanza de seguir mantendo os bos resultados colleitados na fase de clasificación.

O combinado mariñán disputará as semifinais contra a Selección de Lugo Sur ás 12:30h no Pavillón Paco Chao de Carballiño.

En caso de gañar enfrontaríanse na final, ás17:30h no mesmo pavillón, ao gañador da outra semifinal que enfronta ás Seleccións de Cambre e Santiago.

O combinado infantil, dirixido por Francisco Vázquez Beltrán e Carlos Méndez Pena, está formado polos seguintes xogadores: Rubén Castro de ED Valadouro, Fran Fiallega de ED Pontenova, Jorge Insúa de AD Praia de Covas, Manuel Santamarina, Luis Santamarina e Paulo González de ED Lourenzá, Luka Eijo, Néstor Valle, Álvaro Suárez, Luismi Nieto, Álex Esquerdeiro e Alberto Quelle do CD Burela FS.

Exit mobile version