Nota de prensa
ACIA FOZ CONVOCA AO COMERCIO A UN ENCONTRO PARA PREPARAR A VINDEIRA CAMPAÑA DE PRIMAVERA. SERÁ O LUNS, 6 DE FEBREIRO, ÁS 21 HORAS.
Foz, 3 de febreiro de 2012. A Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz convoca ao comercio a unha xuntanza que terá lugar o vindeiro luns, 6 de febreiro, ás 21 horas para analizar as propostas e elexir a vindeira campaña de primavera. Será no salón de xuntanzas da cafetería Xoyma, situada na Avenida da Mariña, 48.
A directiva de ACIA Foz enviou unha carta aos seus asociados convocándoos a este encontro no que tamén haberá tempo para os rogos e preguntas.