Site icon Crónica3.com A Mariña

Álex García da ED EON Burela adestra coa Selección Galega Infantil

Nota de prensa

O INFANTIL BURELISTA ÁLEX GARCÍA ADESTRA COA GALEGA

A presenza do xogador da ED EON Burela FS Álex García foi reclamada pola Selección Galega Infantil de cara ao Campionato de España de Seleccións Territoriais. O deportista laranxa participará no adestramento de hoxe, no municipal de Teixeiro, en Curtis (17.45 horas).

Sub-23. Continúa tamén a preparación co combinado irmandiño sub-23 a burelista Lidia Mesías. A próxima sesión está programada para mañá no pavillón de Oroso, en Sigüeiro, xunto a Ana, Lucía e Iria, do Cidade das Burgas; Vanessa, Ana e Jessica, do Ponte Ourense; Tamara, do Leis Pontevedra; Erika e Iria, do Valdetires Ferrol; Lucía e Patricia, do Viaxes Amarelle; e Lucía, do Combarro FS.

Exit mobile version