Site icon Crónica3.com A Mariña

“Altair” presenta un proxecto educativo de actividades de tempo libre para educadores no IES Monte Castelo

Nota de prensa:

ALTAIR PRESENTA O SEU PROXECTO EDUCATIVO DE ACTIVIDADES NO TEMPO LIBRE PARA QUEN DESEXE SER EDUCADOR DA ASOCIACIÓN NO IES MONTE CASTELO

O vindeiro xoves 1 de marzo ás 18:00h terá lugar no IES Monte Castelo unha actividade de presentación do proxecto pedagóxico da asociación Altair (http://www.altairweb.org/gl/; . http://chaodecastro.wordpress.com; http://chaodecastro-altair-burela.blogspot.com/) para Burela e a Mariña.
Esta actividade pretende:
Informar sobre o Proxecto Educativo de Altair e en concreto sobre as actividades levadas a cabo polo grupo Chao de Castro-Altair en Burela.
Explicar o tipo de actividades e obxectivos de Altair e a posibilidade de integrarse na Equipa Educativa de Chao de Castro-Altair como educadores/as da mesma.

Campamentos, saídas, contacto coa natureza, xogos, proxectos e actividades semanais constitúen parte do seu proxecto pedagóxico estábel ao longo do ano.
Altair está avalada pola importante experiencia dos seus membros e a súa capacitación e formación específicas como educadores titulados nos tempos libres.
As persoas que desexen integrase na equipa de educadores terán tamén acceso a formación específica para obter o título de Monitores de Tempo Libre da Xunta de Galicia.

ALTAIR é unha Rede asociativa Socio-cultural, de Educación nos Tempos Libres para crianzas e moz@s de entre 8 e 18 anos e de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento, impulsada por un grupo de cidadáns e cidadás galeg@s, independente, formada por voluntarios/as e sen ánimo de lucro e apoiado exclusivamente por persoas e entidades colaboradoras.
A pedagoxía do proxecto e a educación en valores son as bases pedagóxicas e ideolóxicas de Altair. Formar persoas socialmente comprometidas cun alto sentido da cooperación e a fraternidade son os seus obxectivos fundamentais.
Altair practica unha formación integral, de componente lúdica e solidaria, con especial atención à relación co entorno e o territorio, frente á agresión aos modos de vida e ao medio nos nosos días.
ALTAIR traballa neste momento tamén na formación de educador@s e na constitución de grupos educativos.

Exit mobile version