APOTEOSE CARNAVALEIRA
Noutro orde de cousas consolídase un feito que ven dándose duns anos a esta parte: a masiva implicación da xuventude na mesma, o que garante a pervivencia, pois é sabido que sen sucesión non hai futuro… e así, por exemplo, “Os Larpeiros” que, como é coñecido foron pioneiros, vangardistas participantes sen nunca faltar á cita, aportando moitas veces singulares elementos históricos, de indudable valor didáctico; iste ano, por mor de reumas, artritis, mobilidade, dores musculares e demais doenzas que camiñan a carón o DNI; iso sí, pletóricos de humor, e cheos de nostalxias, para tomar parte na bacanal houberon de subírse ó tren…
No desfile do sábado, no medio de tanto corido, cantigas, música, esmorga e brincadeira
houbo tamén un lugar para a emoción: rendíase homenaxe a tres homes, veciños e amigos, da tribo focega, persoeiros que, coa súa singular forma de ser e de actuar, foron
elementos que favoreceron de xeito decisivo o actual nome e prestixo dos nosos carnavais Falamos de Emiliano da Xacoba, Juan de Tanana e Yo-Yo, hai pouco falecidos. Foi o grupo de amigos mais próximos a éste os que desfilaron ataviados coas vestimentas dos seus personaxes preferidos para a parodia, e a ampla pancarta: “ A TI, YOYO. O REI “. Para moitos dos presentes foi unha pincelada emotiva e ó seu paso os focegos aplaudimos dende o respecto e o afecto. Se dende o o alén ollaron pro chán seguro que os tres sentíronse orgullosos de cómo agromou a semente..
Suso Fernández