Nota de prensa
AS REBAIXAS MÁIS BAIXAS É A NOVA CAMPAÑA QUE PON EN MARCHA ACISA COMO REMATE FINAL DESTE PERÍODO DE DESCONTOS DE INVERNO QUE COMENZABA DESPOIS DA FESTA DE REIS.
Ribadeo, 17 de febreiro de 2012. Chega o remate final das rebaixas de inverno ao comercio ribadense con descontos moi interesantes. A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autonómos de Ribadeo pon en marcha unha campaña mañá, 18 de febreiro, para animar a realizar as últimas compras de temporada a prezos irresistibles. O eslogan elexido para esta nova acción é As rebaixas máis baixas e segundo explica Francisco Iriarte, o presidente de ACISA e o CCA de Ribadeo, “o que quere o comercio é ofrecer artículos de temporada a prezos aínda máis baixos que os ofrecidos ata o de agora como remate final deste período das rebaixas de inverno. Agardamos que a clientela dos nosos establecementos non desperdicie esta ocasión”.
A campaña As rebaixas máis baixas concluirá o vindeiro 29 de febreiro.
Tapeo de entroido
Tamén mañá dan comezo en Ribadeo as xornadas de tapeo do entroido que organiza ACISA e nas que se darán cita medio centenar de bares, mesóns e restaurantes. Éstes ofrecerán do 18 ao 26 de febreiro tapas elaboradas con produtos típicos destas datas, como filloas, rosquiñas, orellas, rabo de porco, cachola, chourizo, etc. Iriarte lembra que “son as tapas de cortesía que os bares ofrecen a diario aos seus clientes, aínda que neste caso estarán centradas no entroido”.
O presidente de ACISA agarda que “sexan moitos os que aproveiten esta ocasión para disfrutar do entroido de Ribadeo”.