
Ducias de persoas se deron cita onte no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro para disfrutar do baile de disfraces, que organizou o Concello de Barreiros dentro da programación do entroido de 2012. Eso ocorreu a media tarde despois de que a charanga Os Macanudos, acompañada dos cabezudos, actuase na praza do concello e percorrese as principais rúas de San Cosme. Xa pola noite houbo baile de disfraces para xoves e adultos amenizado polo grupo musical Lecer. Hoxe luns, 20 de febreiro, ás 22 horas haberá baile de disfraces no centro sociocultural amenizado polo dúo Satélite. Haberá tres premios para os mellores disfraces individuais.