Site icon Crónica3.com A Mariña

BNG e PSOE de Alfoz solicitarán un pleno extraordinario para pedir un estudo de viabilidade da fusión dos concellos de Alfoz e O Valadouro

Nota de prensa

O BNG E PSOE DE ALFOZ SOLICITAN UN PLENO EXTRAORDINARIO

O Bng e o Psoe de Alfoz solicitará un pleno extraordinario cun único punto na orde do día que é a aprobación dunha solicitude dun estudo de viabilidade da fusión dos concellos de Alfoz e O Valadouro.
O pleno extraordinario solicitarase conxuntamente co apoio dos concellais nacionalistas e socialistas de Alfoz.
Solicitamos este pleno para dar un paso máis de cara a fusión, xa que o pp manifestou que de facer un estudio si estaba a favor, nós presentamoslle unha moción, moi breve e clara, no que pide un acordo ó que eles se manifestaron favorables, desde o Bng esperemos que nos se contradigan de novo e continúen a mentir.
A aprobación deste estudio será un gran paso de cara a fusión, xa que os que din que o resultado da votación do pleno de O Valadouro, mostrándose favorable a fusión non é válido, é sinxelamente unha mera interpretación da lei, e non é novo que os que dirixen ambos concellos do Val se salten a lei, como puidemos ver fai pouco. E máis tendo en conta que o que se votaba era comenzar un proceso de fusión e non a fusión en si mesma, e dicir non te votaba ningún dos casos para os que a lei esixe os 2/3 da corporación.

Exit mobile version