Nota de prensa
GONZÁLEZ BARCIA CONSIDERA QUE O CONCELLO DE BURELA DEBE SUMARSE AO CONVENIO DA XUNTA PARA CREAR UNHA BOLSA DE VIVENDA A PREZO TAXADO. ÉSTE FOI UN DOS ASUNTOS ABORDADOS NO ENCONTRO QUE MANTIVO EN SANTIAGO CO DIRECTOR XERAL DE VIVENDA, ANTONIO BONÉ.
Burela, 21 de febreiro de 2012. O alcalde, José María González Barcia, considera que o Concello de Burela debe sumarse ao convenio da Xunta para crear unha bolsa de vivenda a prezo taxado. Deste asunto falou o rexedor esta mañá en Santiago na Dirección Xeral de Vivenda.
O alcalde mantivo un encontro co director xeral de Vivenda, Antonio Boné, para falar de diversas cuestións que teñen que ver con Burela. González Barcia explicou que “estudiamos a posible adhesión do Concello de Burela a ese convenio asinado entre a Xunta, a Federación Galega de Municipios e Provincias, a asociación de promotores de vivenda privada e determinadas entidades bancarias para crear unha bolsa de vivenda a prezo taxado que tería unha serie de bonificacións. Entre elas, por exemplo, que a súa compra por parte daquelas persoas interesadas sexa financiada polas entidades asinantes do convenio, que os prezos da vivenda, en concreto en Burela, nunca superarían os 1.212 euros por metro cadrado e que por por parte do Concello terían unha bonificación do imposto de bens inmobles, é decir da contribución urbana, de entre un 40 e un 50%”.
González Barcia dixo que “nós entendemos que o Concello de Burela debe sumarse a este convenio, eso sí, temos que velo e temos que estudialo. O que sí soubemos hoxe é que xa hai vivendas en Burela de determinados promotores que están incluidas dentro desa bolsa de vivenda a prezo taxado e nós, á vista do convenio marco que se nos fixo chegar, imos ver si podemos estar aí”. O alcalde burelés considera que “é unha forma de que o Concello axude a aquelas persoas que están en situación de adquirir vivenda, aínda que sexa cunha pequena cantidade que pode supoñer uns 500 euros en tres anos. Sempre é unha axuda, ademáis si se compra a vivenda dentro dese convenio os gastos de notaría e de rexistro serían abonados pola parte vendedora e nunca pola parte compradora”.
O rexedor tamén abordou con Boné “outras cuestións que temos pendentes aquí en Burela e en datas próximas teremos noticias ao respecto. Hai que agardar a que a propia Dirección Xeral actúe conforme ao procedemento administrativo correspondente para a adxudicación dalgunha obra”.
Costes adicionais dalgúns servizos
José Mª González Barcia tamén se referiu á xuntanza mantida en Compostela co director xeral de Administración Local, Norberto Uzal, “para ver a maneira de que o Concello de Burela non teña que soportar de forma directa os costes adicionais que están a xenerar a unidade de atención a drogodependentes e o centro de atención temperá”.
O alcalde indicou que “a Xunta soporta prácticamente o 95 ou 96% do coste total do funcionamento da unidade de atención a drogodependentes, pero hai unha cantidade restante que está a repercutir directamente nas arcas do Concello de Burela. Nós poñemos o local, a enerxía eléctrica, o teléfono e a limpeza, entre outras cousas. Éste un centro que ten carácter comarcal e nós o que lle pedimos á Xunta é que se habiliten medidas para que o Concello de Burela non teña que soportar costes adicionais polo funcionamento deste servizo”. González Barcia engadiu que “ocorre o mesmo co centro de atención temperá, ubicado nos baixos da Casa do Mar. Trátase dun centro comarcal que atende a nenos de 0 a 3 anos con determinadas problemáticas, que non poden ser atendidas nin nos puntos de atención infantil nin nas escolas de educación infantil. Tamén aquí hai uns gastos adicionais que está a soportar o Concello de Burela”.
O rexedor dixo que “eses gastos adicionais xerados polos dous centros en situación de bonanza económica non terían unha grande repercusión dentro do que pode ser a economía do Concello de Burela, pero nestes momentos calquera medida que se adopte para que a repercusión do funcionamento destes centros sexa a mínima posible sobre as arcas do noso Concello será benvida”. González Barcia plantexóulle esta situación ao director xeral de Administración Local “porque entendemos que nós non somos culpables, entre comillas, de que se produzca un sobrecoste que teña que ser asumido polo Concello. Nós o que pedimos é que se arbitren as medidas oportunas para que, de acordo con todos os concellos e coa Xunta de Galicia, estes centros sigan funcionando. Nós non temos ningún tipo de inconvinte en ter un local adscrito para o centro de drogas, pero agora nos tempos que corren Burela non pode soportar todos estes costes adicionais. Queremos que tomen medidas que non perxudiquen a ninguén e que non beneficien a ninguén. Nós pensamos que os máis directamente perxudicados somos nosoutros”.
O alcalde de Burela pensa que “a postura que ten a Xunta agora mesmo é de comprensión hacia esta petición que nós estamos a formular e entendo que dentro dun tempo haberá noticias a este respecto. Consideramos que si a Xunta vai primar a aqueles Concellos que teñan coordinados servizos entre sí e que fagan agrupación para manter servizos entendo que un dos Concellos ao que hai que primar é o de Burela porque soporta servizos comarcais e eses costes adicionais, sexan poucos ou moitos. Creo que o noso plantexamento é razonable, así o entende tamén o director xeral, que dixo que lle había que bucar unha solución”. González Barcia agarda que “se solucione, tampouco pido que sexa da noite para a mañá, pero sí que pido unha solución para non seguir cargando con eses costes adicionais”.