Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela solicitou bandeira azul para as praias, o barco museo e a aula de medio ambiente Gaia

Nota de prensa:

BURELA SOLICITOU A BANDEIRA AZUL NO 2012 PARA OS AREAIS DE A MAROSA E O PORTELO, PARA O BARCO MUSEO REINA DEL CARMEN E PARA O AULA MEDIOAMBIENTAL GAIA. ASÍ SE PUXO DE MANIFESTO NA XUNTANZA DO COMITÉ DE XESTIÓN DE PRAIAS DO CONCELLO.

Burela, 28 de febreiro de 2012. Burela solicitou a bandeira azul neste 2012 para os areais de A Marosa e O Portelo, para o barco museo Reina del Carmen e para o aula medioambiental Gaia. Éste foi un dos asuntos abordados na primeira xuntanza do ano do comité de xestión de praias do Concello.

No encontro, segundo explica a concelleira de Medio Ambiente, Patricia López Eijo, “tamén se abordaron as necesidades dos distintos servizos para dar cumprimento aos criterios de bandeira azul, que cada ano son máis esixentes”.

O comité de xestión de praias de Burela repasou os resultados das analíticas realizadas nas zonas de baño durante a tempada 2011, “e comunicóuse a calificación final da calidade das augas de baño, que resultou ser excelente en todas as zonas analizadas, a excepción da de Penoural. Neste caso débese aos problemas que sufriu durante o pasado verán o emisario submarino”.

Á xuntanza celebrada esta mañá no Concello asistiron o alcalde, José Mª González Barcia; o concelleiro de Obras, Urbanismo, Tráfico e Protección Civil, Manuel Fernández Valle; a concelleira de Mar e Medio Ambiente, Patricia López Eijo; e os técnicos municipais e das empresas Celta Prix e Espina e Delfín, cuxas actividades están vinculadas á xestión dos areais.

Exit mobile version