Nota de prensa
BURELA RECOLLEU O ANO PASADO 135 TONELADAS DE VIDRO. CADA BURELÉS RECICLOU ALGO MÁIS DE 14 KILOS. O CONCELLO ALERTA DO DESCENSO DO VOLUME TOTAL CON RESPECTO A ANOS ANTERIORES.
A concelleira de Medio Ambiente indicou que “a reciclaxe de vidro supón beneficios para o medio ambiente, como un aforro enerxético e de materias primas. Ademais coa reciclaxe de vidro contribuimos a diminuir a contaminación do aire, xa que se evita emitir CO2 á atmósfera”.
López Eijo sinalou tamén que “no 2011 se produciu un descenso dun 3,05% na recollida de vidro, aínda que a media de kilo por habitante de Burela segue a ser superior á media galega, que está en 13’1 kg/habitante, e bastante superior á media da provincia, que está en 10’86 kg/hab. Este descenso é un tanto preocupante, e sobre todo tendo en conta que dende o 2001 ata o 2007, o concello de Burela era o concello da Mariña onde máis kilos de vidro se recollían por habitante, sen embargo xa no 2008, perdeu esta primeira posición debido a un forte descenso de máis de 15 puntos da taxa de reciclaxe”.
Para a edil popular “é importante destacar que no 2008 produciuse un descenso xeneralizado da taxa de reciclaxe de vidro en tódolos concellos da Mariña Lucense (non só en Burela), e tan só os concellos de Ribadeo e Burela conseguiron incrementar o valor das súas taxas de xeito consecutivo, aínda que lento, no periodo 2008-2010”.
Igualmente, López Eijo asegurou que “Burela conta cun elevado número de contedores de vidro, exactamente 66 (2 máis que o ano pasado), o que significa que hai un contedor por cada 145 habitantes”. A concelleira manifestou que o incremento forte de contedores de vidro en Burela deuse entre o ano 2001 e o ano 2007 cando se pasou de 29 contedores a 60, ou sexa, doblando o número de iglúes”. Patricia López Eijo subliñou que “neste apartado, tamén estamos nunha media superior á de España (274 habitantes por contedor), Galicia (230 habitantes por contedor) e Lugo (190 habitantes por contedor).
A responsable de Medio Ambiente engadiu que “o descenso no número de kilos recollidos pode ser achacable a un menor consumo de envases de vidro, ou a problemas puntuais na frecuencia da recollida que dan lugar a situacións de vidro fóra do contedor ou depositados no contedor de lixo orgánico”.
Pola súa banda, o alcalde, José María González Barcia, manifestou a intención do Concello de “restablecer os valores da recollida de vidro en Burela en termos absolutos e en termos de kilo por habitante. Para eso hai que retomar campañas de sensibilización básicamente no sector da hostalería, xa que é o responsable do consumo da metade dos envases que se poñen no mercado”. O rexedor considera que “si somos capaces de actuar correctamente co sector da hostalería, seguro que levantamos os valores”.
Pero o alcalde burelés tamén asegurou que “ás veces, e en certas zonas máis ca noutras, aparece vidro en contedores de lixo orgánico, e iso non pode pasar, porque se depositamos vidro en contedores que non son os correctos estamos aumentando o peso do lixo que levamos a SOGAMA, e, o que é peor, aumentando a factura que paga o Concello, ou sexa, aumentando a factura que pagamos entre todos. Por iso é importante que o vidro se deposite no seu contedor e en ningún outro, e que en cada contedor, sexa verde, amarelo ou azul, se deposite exclusivamente aquelo que lle corresponde”.