Site icon Crónica3.com A Mariña

Carta aberta a Conselleira de Sanidade

CARTA ABERTA DA COMISIÓN FOCEGA EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA A CONCELLEIRA DE SANIDADE.

Estimada Conselleira.

En primeiro lugar dende a Comisión Focega en Defensa da Sanidade Pública queremos felicitala e desexarlle os maiores éxitos o fronte da Consellería de Sandade.

Os membros da Comisión tivemos a oportunidade de reunirnos con vostede en xuño do 2009 cando vostede era a Xerente do Servizo Galego de Saúde. Recordamos que na xuntanza que tivemos nos insistímoslle na necesidade de un servizo de urxencias médicas para Foz, pois considerabamos que Foz tiña entidade suficiente para elo, pois e o único concello de Galicia que con 10000 habitantes non o ten. Tamén lle faciamos ver que o PAC de Burela está moi masificado e presta moitas mais atencións que os outros PACs da Mariña, e mesmo e o un dos PACs que mais persoas ten asignadas de todo Galicia.

Recordamos tamén que vostede se comprometeu a elaborar un informe (numero de atencións diarias do PAC de Burela, cantas delas eran de Foz, número de atencións dos PACs de Mondoñedo e Ribadeo, etc) e que nos volvería a recibir o final do verao para valoralo conxuntamente.

Aínda estamos a esperar a súa chamada para nos reunir, e xa pasaron case tres anos. Confiamos que nos compromisos que acade de agora en diante como Conselleira sexa mais cumpridora que o foi con este que acadou con nos.

Tamén nos recibiu o Presidente Feijoo en Decembro de 2010 e acadou un compromiso similar o seu, ou sexa de elaborar un informe e estudalo na primavera de 2011. Tamén estamos a esperar por a súa chamada.

Neste tempo que pasou dende que nos recibiu as cousas non melloraron. Hoxe en Foz estamos peor, pois ultimamente non se están a cubrir as baixas dos médicos de cupo do Centro de Saúde de Foz, e por riba retirouse a ambulancia do 061 na quenda de noite e que tiña por base a Casa do Mar de Foz.

Aproveitando a presente queremos solicitarlle que nos reciba os membros da Comisión Focega en Defensa da Sanidade Pública, para de unha vez por todas poder estudar e discutir conxuntamente os datos do informe que comprometeu elaborar. Dende o posto que ocupa na actualidade non lle será difícil obter a información necesaria.

Non dubidamos, que dende o posto que ocupa e como servidora que e de Galicia e dos galegos que cos nosos impostos lle pagamos o soldo, nos recibirá.

Sen outro particular, reciba un cordial saúdo.

Comisión Focega en Defensa da Sanidade Pública

Exit mobile version