CERVO DESPILFARRA NA ASESORA
Din que o seu nomeamento busca aproveitar a experiencia da asesora nos ámbitos da comunicación e servizos sociais, pero es vox populi que as verdadeiras intencións son outras: Villares buscaba premiar a unha persoa desgastada tras moitos anos de goberno e á que non podía facer concelleira de novo, sen botarse ao pobo enriba. Ao final, non é concelleira pero como asesora segue mandando, e vai se manda. Din as malas linguas que por riba das novas incorporacións, de nulo perfil político. Pode que fora eso o que buscaba o señor Alcalde, pouco amigo de que poidan levarlle a contraria ou lle fagan sombra nesa carreira de “veremos quen sae antes na foto” que se trae coa socialista opositora Lara Méndez.
Os veciños de Cervo, podemos comprender que o Goberno municipal afectado no combate a crise estea a despedir ou non renovar contratos a diario, que decida cobrarnos polo uso das instalacións deportivas, escolas, ou incluso cada vez que rexistramos un documento. Podemos entender que a programación de cultura teña desaparecido e que, en deportes non dispoñamos de ningún evento relevante desde o mes de xuño… pero sería moito máis doado crer as promesas de austeridade e a necesidade de axustes se non malgastaran os cartos dos nosos impostos en contratar a unha asesora porque non tivo a valentía de facela concelleira.
O gasto ter unha asesora -que cobra máis que calquera concelleiro- é inxustificable, totalmente prescindible e ata indecente, desde o punto de vista ético. Os cartos dos cervenses non están para arranxar a xubilación de ninguén, nin para gastalos en servizos prescindibles. Alfonso Villares ten que rectificar e facelo de inmediato. Porque os veciños non o eliximos para este tipo de cousas, nin poderemos crerlle cando critica á Deputación, cando desde alí gastan cartos a costa de darlle un soldo aos membros da oposición de Cervo. Asesores no noso concello sobran, o que fai falla é maior capacidade política e Villares, decepción para moitos, non o está a demostrar. ¡Ai se sabe destas cousas Feijóo!
Rafa, Veciño de San Ciprián