Site icon Crónica3.com A Mariña

Cervo segue coa recuperación do monte Escarabelada no Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos

Nota de prensa

Cervo avanza no seu proxecto de recuperación do bosque autóctono nas propiedades municipais de Sargadelos

-As brigadas municipais encargáronse de cortar eucaliptos de pequeno e mediano porte que crecían na área repoboada situada no Conxunto Histórico e Artístico de Sargadelos.

-O obxectivo do Concello é manter a plantación libre de especies foráneas e favorecer o crecemento do bosque autóctono de carácter atlántico.

-O alcalde e a edil de Medio Ambiente comprobaron que a práctica totalidade das árbores plantadas hai uns meses creceron con éxito.

Cervo, 17 de febreiro de 2012-O Concello de Cervo leva varias semanas realizando traballos de mantemento na finca de propiedade municipal situada no Monte Escarabelada, no Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos. Unhas tarefas que incluíron a corta de eucaliptos de pequeno e mediano porte que comezaban a crecer entre as árbores autóctonas que se plantaron hai uns meses nesta zona.

Foi no mes de maio do ano pasado cando o Concello comezou a poñer en práctica un ambicioso proxecto de recuperación da contorna natural do Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos. O primeiro paso consistiu na repoboación dos terreos de propiedade municipal situados nesa área, para o que o administración local contou coa axuda da Consellería de Medio Ambiente, as asociacións xuvenís A Sombriza e Dobre Espacio así como escolares cervenses. A finca, de 6 hectáreas de superficie, acolleu a plantación de máis de 3.500 árbores de especies propias da zona da Mariña, como carballo, abeleira, freixo ou pradairo, entre outras moitas, co obxectivo de recuperar o antigo bosque de natureza atlántica da Mariña. Os traballos de mantemento son “un pequeno paso máis neste amplo proxecto” que segundo o alcalde, Alfonso Villares, “seguirá dando os seus froitos”.

Estas tarefas, levadas a cabo polas brigadas municipais, remataron nestes días e o rexedor e a edil de Medio Ambiente, Begoña Alonso, achegáronse ata o lugar para comprobar o resultado. “Con estos trabajos pretendíamos favorecer el ciclo normal de la plantación, contribuyendo a que los árboles autóctonos proliferen sin que otras especies invasoras lleguen a interrumpir su crecimiento y al mismo tiempo conseguir una repoblación libre de plantas foráneas”, explica a concelleira.

Nesa mesma visita, Villares e Alonso puideron ver o bo estado da plantación. Segundo a edil, “prácticamente el 100% de los árboles han salido adelante y están creciendo a buen ritmo”. O rexedor cervense destacou a importancia de manter coidado o Complexo Histórico Artístico de Sargadelos abarcando todos os ámbitos, “e por suposto o medioambiental, xa que se conseguimos consolidar este bosque de árbores autóctonas estaremos ampliando o atractivo desta área privilexiada coa que contamos no concello e ao mesmo tempo recuperar e preservar a riqueza natural propia da nosa zona”. Pero ademais este proxecto terá unha vertente educativa xa que “pretendemos converter toda esta extensión nunha gran aula verde coas súas respectivas sendas botánicas” engade o rexedor cervense.

Ademais, o goberno local quere aclarar que nas últimas semanas se produciron nunha zona próxima, preto do leito do río, talas de eucaliptos de grande porte das que o Concello non é responsable. Estas cortas realizáronse en fincas privadas e polo tanto, encargadas polos seus propietarios. As cortas efectuadas polo Concello só afectan aos talos de pequeno e mediano tamaño que crecían na reforestación do Conxunto Histórico e Artístico de Sargadelos, e en ningún momento a grandes eucaliptos xa consolidados.

Exit mobile version