Site icon Crónica3.com A Mariña

Comezaron unha camapaña de limpeza de beirarruas en Burela que durará toda a semana

Nota de prensa

CELTAPRIX PROCEDE DURANTE ESTA SEMANA AO LAVADO A PRESIÓN DAS BEIRARRÚAS DE BURELA. ESTA ACTUACIÓN DESENVÓLVESE CADA TRES MESES PARA MANTER A VILA O MÁIS LIMPA POSIBLE.

Burela, 20 de febreiro de 2012. A empresa concesionaria da recollida do lixo e da limpeza viaria en Burela, Celtaprix, procede desde hoxe ao lavado a presión das beirarrúas da localidade. Esta actuación realízase de xeito periódico cada tres meses co obxectivo de manter unhas condicións de limpeza aceptables, segundo ven de explicar a concelleira de Medio Ambiente, Patricia López Eijo.

A edil popular indicou que “estas tarefas vánse levar adiante durante toda a semana”, polo que pide “disculpas aos peóns e aos condutores de vehículos polas molestias que se poidan ocasionar”.

Exit mobile version