Site icon Crónica3.com A Mariña

Ecos do Sur e o Concello de Burela ofertan un servizo de asesoramento grauito para mulleres migrantes

Nota de prensa

MAÑÁ, 2 DE FEBREIRO, ENTRA EN FUNCIONAMENTO EN BURELA O SERVIZO PARA MULLERES MIGRANTES. PÓÑENNO EN MARCHA ECOS DO SUR E O CONCELLO. O OBXECTIVO É PROPORCIONAR ASESORÍA XURÍDICA, LABORAL E SOCIAL GRATUITA A ESTE COLECTIVO.

Burela, 1 de febreiro de 2012. Mañá entra en funcionamento o servizo para mulleres migrantes (inmigrantes e emigrantes retornadas), que poñen en marcha a ong Ecos do Sur e o Concello de Burela. O obxectivo é proporcionar asesoría xurídica, laboral e social gratuita a estas mulleres. As consultas realizaránse na sede da Fundación Expomar os primeiros e terceiros xoves de cada mes en horario de 16:30 a 19 horas, e están cofinanciadas polo Fondo Social Europeo e as secretarías xerais de Igualdade e Emigración da Xunta de Galicia.

Segundo informa a concelleira de Servizos Sociais, Igualdade, Muller e Sanidade, Diana Durán, “as consultas serán atendidas por persoal técnico da ong Ecos do Sur, que está especializado en extranxería”. Ecos do Sur é unha entidade independente e sen ánimo de lucro, que traballa desde o ano 1991 pola integración social e laboral das persoas migrantes, así como doutros colectivos en risco de exclusión.

Durán lembrou que “Burela é un municipio tradicionalmente receptor de poboación extranxeira, que aglutina a día de hoxe a 37 nacionalidades diferentes. Esta tendencia fai imprescindible o recoñecemento e atención das necesidades e problemáticas específicas do colectivo migrante”.

Exit mobile version