Site icon Crónica3.com A Mariña

En Foz xa empezou o desastre

En Foz xa empezou o desastre. Como votante do PP nas últimas eleccións municipais, teño que rectificar a miña posición ante o que vexo día a día.

Xa empezou o mercantilismo de postos de traballo, cando se lle da posto de peón a un marido dunha ex concelleira do PP e nas listas municipais, cun tribunal de risa formado pola nova aSAAsora persoal do Sr. Alcalde, outra auxiliar, e ningún oficial de primeira (que serían os entendidos na materia) para unha praza dese tipo. Coherencia?. Canto se leva falado polo PP de Foz deste tipo de actuacións anteriores?

Canto se protestou pola Festa do Berberecho? E faise o mesmo este ano

Canto se protestou polos Bailes de Fin de Ano? E faise o mesmo estas pasadas navidades.

Canto se protestou polas Festas Patronais? E faise o mesmo este ano e nin se cobraron a maioría dos postos.

Canto se protestou pola privatización de servizos? E seguimos igual

Toda a ilusión posta, vaise desvaecendo como fume, que pasa coa Executiva Local, non é quen de vixiar que se actue como ten que ser? Faise control do equipo de goberno?. Non se dan explicacións de nada, unha fuxida hacia adiante e listo.

Había unha posibilidade de facer as cousas ben, que está pasando?

Un votante do PP de Foz.

Exit mobile version