Nota de prensa 1/2
Nota de prensa 2/2
Gómez Besteiro clausura o V Campionato Internacional de Baristas de Escolas de Hostalería organizado polo IES de Foz
– O Presidente destacou a aposta do instituto mariñano por unha especialidade profesional que “aumenta as posibilidades de inserción laboral” no sector servizos, ó que se dedican o 70% das empresas radicadas na comarca
– A Deputación, a través da Fundación TIC, contribúe á difusión dos certames de baristas que promove o centro educativo focense dende a súa primeira edición
De feito, o organismo provincial, a través da Fundación TIC, colabora na difusión dos campionatos de baristas que organiza o IES dende a súa primeira edición. Este ano, ó igual que nos anteriores, os alumnos do segundo curso dos ciclos de Produción e Realización da Escola de Imaxe e Son (EIS) da Fundación TIC realizarán a gravación íntegra de ambos os dous certames –Campionato Internacional de Baristas de Escolas de Hostalería e Campionato de Baristas Rexión Noroeste SCAE-, o que permite a reprodución simultánea das demostracións dos participantes nunha pantalla. Posteriormente, os estudantes da Escola de Imaxe editarán un DVD, que se entregará ós responsables do IES de Foz para divulgalos eventos.
Trala celebración hoxe do Campionato Internacional de Baristas -no que participaron 15 escolas de hostalería de Galicia, Asturias, Cantabria e Portugal- mañá terá lugar o IV Campionato de Baristas da Rexión Noroeste SCAE (Asociación Europea de Cafés Especiais) de España, na que se darán cita 12 profesionais da hostalería de todo o país. Ó igual ca hoxe, haberá demostracións de Latte Art –deseños creados na superficie de cafés expresos- a cargo de ex alumnos do IES de Foz e degustacións de café gratuítas.