Site icon Crónica3.com A Mariña

Éxito de participación na primeira regada da Liga Norte da Mariña Lucense

Nota de prensa:

ÉXITO DE PARTICIPACIÓN NA PRIMEIRA REGATA DA LIGA NORTE MARIÑA LUCENSE. A VINDEIRA CITA SERÁ O 26 DE FEBREIRO EN VIVEIRO.

Ribadeo, 3 de febreiro de 2012. Éxito de participación na primeira regata da Liga Norte Mariña Lucense de optimis e vaurien celebrada o pasado domingo en augas da ría de Ribadeo. O vicepresidente do Club Náutico, Modesto Peña, agarda que cada vez sexan máis os nenos que se vaian incorporando aos adestramentos e a esta competición.

Peña sinalou que “a experiencia foi moi boa tanto por parte dos nenos como dos organizadores da regata e dos visitantes. O día foi bó, en canto á climatoloxía. Fixemos dúas mangas porque así os nenos tiñan dúas regatas, son dúas experiencias máis. Os nenos acabaron moi contentos e nós tamén”

En total participaron 12 nenos. “Os clubes implicados somos Foz, Ribadeo, Viveiro, Burela e San Ciprián. Os que estamos tiranto un pouco máis do carro somos Foz e Ribadeo, porque Viveiro está empezando, Burela ata maio non comezará, e como nos comprometeramos a facer esta liga norte aí estamos. Nos vindeiros meses iránse incorporando pouco a pouco todos os clubes”, seguiu a relatar Modesto Peña.

A vindeira cita da Liga Norte Mariña Lucense será en Viveiro o 26 de febreiro. O vicepresidente do CNR indicou que “a intención é facer unha regatilla cada mes. Si todos os meses hai unha regata será máis fácil que os nenos veñan entrenar, así veñen con máis ganas. O obxectivo é que o pasen ben, é moi importante que eles decidan as maniobras sen necesidade de que outro lle diga o que teñen que facer. É moi importante tamén a presencia e a implicación dos pais, queremos que os nenos baixen entrenar con regularidade para participar nesta liga norte. Intentamos impoñerlles un pouco de disciplina neste sentido”.

Modesto Peña destacou “a axuda exterior que veu dada polo pais e por rapaces que están danto clase no verano e que acudiron a axudarnos a facer a regata. Ao final saimos sete embarcacións de apoio para velar pola seguridade dos nenos. Queremos animar aos nenos a que veñan entrenar e agardamos que cada mes se sigan incrementando os particip

Exit mobile version