Site icon Crónica3.com A Mariña

Fallado o certame de Poemas de Amor da biblioteca de Foz, entregaran os premios no Festival dos Namorados

Nota de prensa

XI Certame de Poemas de Amor

O xurado reuniuse o día 24 de febreiro para seleccionar os/as gañadores/as do XI Certame de Poemas de Amor. A participación neste certame foi de 51 dos cales hai que salientar os poemas recibidos de fora de Foz  coa participación de xente de Lugo, Luarca, Burela, Ribadeo, Cee, Vilalba… na categoría de adultos.

A Biblioteca Pública quere agraceder a todos/as a participación neste certame e sintese satisfeita de que un certame destas características encontre oco entre xentes de todalas idades. Agradecer tamén aos patrocinadores Restaurante O Lar e Viaxes Rodríguez a súa xentileza na colaboración cos premios que ofrecemos.

Os/as gañadores/as foron os/as seguintes:

Categoría Infantil:
1º premio, con lote de libros e agasallo
“Mar de Neno” – Lucas Suarez López (4 anos)

Categoría Xuvenil:
1º premio,
“Lembranza de Verán” – Lorena Barrera López

Categoría de Adulto:
1º Premio, 100€ e noite de hotel para dúas persoas.
“A rapaza de Compostela” – Rubén Níñez Lorigados

2º Premio, 60€ e cea
“DÍgoche” – Emilio Basanta Villarino

A Biblioteca Pública de Foz organiza a entrega dos premios no vindeiro Festival dos Namorados que se celebrará o sábado día 3 de marzo ás 20:00 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura e que contará cunha presentación moi especial: a FILMACIÓN feita por Paco Piñeiro “FOZCEGOS POR AMOR” basada nunha histoira do libro “Foz, historias, contos e lendas” de Xesús Basanta Martínez e que recrea a historia de amor de Emérita e Nicanor.

Un traballo de 20 minutos, rodado en diferentes puntos da Mariña e con interpretes tanto do mundo do teatro como veciños en xeral que quixeron participar, e aos que hai que agradecer o inmenso traballo de caracterización e a realización e esforzo de Paco Piñeiro. Así como a idea, guión e recopilación de datos efectuados por Xesús Basanta Martínez e o seu interes en recuperar anaquiños da historia de Foz.

Así mesmo contará coa actuación do violinista Mijail Moriatov, con temática romántica que amenizará o acto.

Exit mobile version