Site icon Crónica3.com A Mariña

Foz rematou o antroido coa queima do boneco

Nota de prensa

QUEIMA DO ENTROIDO EN FOZ

Onte venres, rematou o entroido 2012 de Foz coa queima do boneco.

O acto de xuntanza e cortexo fúnebre, ateigado de viúvas e viúvos, partiu dende o Campo da Cabana, collendo rumbo á explanada portuaria.

Unha vez chegados ó peirao e baixo o redobre de tambor, procedeuse a queimar o boneco que representa o entroido e que ante o estalo de diversos petardos de pirotecnia, sucumbiu baixo as chamas.

Neste acto de rigoroso loito e dor, estiveron presentes o alcalde Javier Jorge Castiñeira e a Concelleira de cultura Mercedes González Alonso, ambos tamén vestidos con roupas de loito e tamén a Raíña do Entroido Alba Burundarena Otero coas súas damas Marta Veiga Alonso e Nair García Lestegás que asistiron con varias compañeiras da súa comparsa.

Unha vez ardido e fulminado o entroido, tódolos presentes se desprazaron á praza Conde de Fontao onde os esperaba o BRUXO MON de Cervo para ofrecerlles a súa suculenta queimada que degustaron despois dun divertido esconxuro no que o Bruxo Mon fixo participar ós máis de douscentos espectadores.

Exit mobile version