Site icon Crónica3.com A Mariña

Galicia será a terceira delegación máis numerosa do PP no seu Congreso, xa que 271 dos 2.494 compromisarios serán galegos

Nota de prensa

Galicia será a terceira delegación máis numerosa do PP no seu Congreso, xa que 271 dos 2.494 compromisarios serán galegos

Balseiro defenderá seis emendas á ponencia política que se debaterá no Congreso Nacional do Partido Popular

Ao cónclave de Sevilla non van só para renovar equipos senón tamén para actualizar o partido e dar resposta ás necesidades e retos dos cidadáns

Defende o papel das comunidade autónomas como centro de iniciativa política e o principio de que cada quen contribúa en función da súa renda aos sostemento dos servizos de benestar.

A Mariña, 16 de febreiro de 2012.- O secretario xeral do populares lucenses e deputado mariñán, Jose Manuel Balseiro Orol, defenderá seis emendas á ponencia política que se debaterá no Congreso Nacional que o Partido Popular celebrará en Sevilla esta fin de semana, os días 17, 18 e 19 de febreiro.

renovación de ideas

O dirixente popular subliña que fronte aos que poidan pensar que a renovación de ideas non é o máis importante tras unha ampla victoria electoral do Partido Popular, el entende que en todo momento a súa formación política ten que estar en contacto coa sociedade e nun proceso de cambio continuo, para irse axustando ás necesidades cambiantes dos cidadáns e dando resposta aos retos que se presenten.

“A Sevilla vamos a elixir aos nosos órganos de dirección, pero tamén a renovar o noso ideario” -dixo Balseiro- e neste tarefa será esencial o papel dos populares galegos dado que Galicia será a terceira delegación máis numerosa do PP no seu Congreso, pois 271 dos 2.494 compromisarios serán galegos.

Galicia como exemplo

O dirixente popular está adscrito á ponencia política e polo tanto é neste contexto no que presentou as súa achegas, que pretenden enriquecer o documento final propoñendo fundamentalmente respostas que se corresponden coas que xa están a ser as liñas básicas de actuación do partido na Xunta e no Goberno central.

Entre os contidos das emendas defende incluír un parágrafo expreso que recoñeza o papel das Comunidades Autónomas como centros de iniciativa política, que permiten lanzar ao debate público un maior número de ideas e propostas, exemplo do cal atoparíamolo nas propostas de PP galego de redución do gasto farmacéutico, plan de racionalización do sector público, política lingüística,… etc

Balseiro tamén defende que, no actual contexto de crise e axustes, os que máis teñen deben contribuír en maior medida ao mantemento do Estado do Benestar. Na súa opinión sería un erro materializar este principio coas cargas fiscais propostas polos socialistas, talles como o Imposto de Patrimonio. Pola contra propón que as rendas medias e altas non contribúan na mesma medida e co mesmo grao de esforzo a servizos como a asistencia social, a asistencia xurídica gratuíta, a subvención ao gasto farmacéutico ou a subvención ao material escolar. En definitiva, pretende que a ponencia política inclúa o principio de aportación solidaria en función da renda.

Exit mobile version