Site icon Crónica3.com A Mariña

O goberno de Cervo cobrou en seis meses 63.000 euros e os gastos de representación foron de 70.000 euros no 2011, explica o BNG

Nota de prensa:

O custe do goberno municipal de Cervo nos primeiros seis meses do exercizo supera os 63.000 euros e os gastos en promoción persoal do alcalde e o seu grupo durante o 2011 rozou os 70.000.

Estúa cualifica de indecente e inmoral que mentres se soben taxas e impostos á cidadanía e se recortan servizos hai quen non dubida en usar as arcas públicas para beneficio persoal e político.

O nacionalista insta ao goberno local que se recorten salarios, gastos de asistencia a Xuntas de Goberno e a eliminación do posto de asesora que desempeña a ex – edil Pilar Armada.

Cervo, 11 de febreiro de 2011. O BNG fixo públicos os gastos dos primeiros seis meses de exercizo do actual grupo de goberno do PP aos que engadiu o gasto recoñecido mediante resolucións da alcaldía no período entre xaneiro e decembro de 2011 en dietas e gastos de promoción persoal do alcalde e o seu grupo de goberno. Para o portavoz municipal nacionalista, Xoán Antón Estúa, “nin a cidadanía, nin o concello pode permitirse o luxo de manter un goberno municipal que lle custou no período estudado mais de 133.000 euros”. O edil nacionalista reclamou ao goberno municipal encabezado por Alfonso Villares reducións nos salarios das catro dedicacións e nas contías por asistencias a Xuntas de goberno de dúas edís, así como a eliminación do posto de asesora que desempeña a ex – edil Pilar Armada Carrete. Os nacionalistas criticaron que mentres se producen estes gastos hai persoas en lista de espera por falta de persoal no servizo de atención a domicilio.

Os nacionalistas esixen a redución dos salarios do grupo de goberno e a eliminación do cargo de asesora da ex – edil Pilar Armada.

O BNG de Cervo pide ao grupo municipal do PP “que se aplique o conto da austeridade e reduza os gastos que soporta a cidadanía por mantelos nos seus postos”. É indecente que mentres se está pedindo á cidadanía austeridade haxa que manter o gasto desorbitado do grupo de goberno do PP que utiliza no seu proveito persoal e político as arcas municipais, criticou Estúa. Segundo o portavoz municipal nacionalista “nos primeiros seis meses de goberno as cifras de gasto están disparadas” cun gasto que supera os 63.000 euros no que se inclúe a dedicación exclusiva do alcalde, as tres dedicacións parciais, asistencias a Xuntas de Goberno, o salario da asesora Pilar Armada e as dietas recoñecidas. Para o BNG “os datos son incuestionábeis porque están nos papeis e son escandalosos e desmedidos para un concello de 4.600 habitantes “.

Os nacionalistas demandan a redución dos salarios das tres dedicacións parciais e da exclusiva do alcalde, así como os cobros por asistencias a Xuntas de Goberno que cobran dúas edís, ademais da eliminación do cargo de asesora da ex – edil Pilar Armada.

As previsións iniciais sobre o custe do grupo de goberno vanse superar con creces

O BNG concretou que no estudo realizado para contabilizar o gasto do grupo de goberno, non se inclúen os gastos de teléfonos móbiles dos e das edís a cargo das arcas municipais porque o goberno municipal négase a desglosar o seu importe da factura xeral. Aínda así as cifras reflicten que, teléfonos móbiles aparte, o custe do grupo de goberno do PP en Cervo vai superar amplamente as previsións iniciais que calculaban en 114.000 euros anuais incluíndo as catro dedicacións, asistencias a Xuntas de Goberno e asesora. Estúa explicou que no caso das asistencias a Xuntas de Goberno cobradas por dúas edís a 150 euros cada unha tiñan unha previsión ordinaria de celebración quincenal pero na realidade estas multiplicáronse case por dous ao pasar das 12 ordinarias ás 20 nos últimos seis meses cun custe de 6.000 euros. E curioso, afirmou Estúa que nos primeiros seis meses do ano 2011, cando non se cobraban, houbera seis reunións da Xunta de Goberno e partir do cobro por asistencia que haxa 20.

Os nacionalistas prevén que de seguir este ritmo as previsións iniciais de 114.000 euros anuais que lle costa o Grupo Municipal do PP de cervo aos seus veciños e veciñas, so en salarios, van ser insuficientes, estimando unha cantidade maior de 150.000 euros a final de ano.

Unha asesora que cobra 21.000 euros ao ano que ademais ten o descaro de colocarse un despacho propio do nivel do da alcaldía.

É coñecido que a asesora da alcaldía e ex – edil Pilar Armada dispón dun despacho de grandes dimensións, que non desmerece en canto a mobiliario o da propia alcaldía, tamén é coñecido que este despacho está na maior parte do tempo pechado e que non se usa. “É intolerábel e insultante que ademais de ter que pagarlle 21.000 euros ao ano, a Sra. Armada e quen llo consinte dispoña a execución de obras para ter un despacho destas características para non se sabe que”, afirmou Estúa O nacionalista preguntouse “cales son as necesidades de ter nun concello das dimensións de Cervo unha asesora destas características que considerou claramente prescindíbel.”

Preto de 70.000 euros dedicados no ano 2011 a gastos de promoción persoal do alcalde e o seu grupo de goberno.

Ademais dos gastos dedicados exclusivamente a manter os ingresos do grupo de goberno e asesora durante o segundo semestre de 2011, o BNG cuantificou o gasto recoñecido por resolucións da alcaldía no ano 2011 dedicado a promoción persoal do alcalde e o seu grupo de goberno. Neste paquete inclúense os gastos dun gabinete de prensa a tempo completo e outros claramente dedicados ao auto bombo do alcalde e o seu grupo, dos que o BNG excluíu aqueles que significan promoción xeral do concello ou gastos de promoción xustificables no apoio a determinados colectivos sociais que non se contabilizaron.

Estúa cuantificou estes gastos en preto de 70.000 euros que cualificou de “desorbitados e fora de lugar xa que, matizou, as arcas municipais non están para servir nin ao grupo de goberno, nin ao partido político que o sustenta, senón para servir á cidadanía cousa que Villares e o seu grupo non acaban de entender.”

Mentres o goberno local malgasta hai servizos e persoas con necesidades sen atender por falta de financiamento e persoal.

O BNG criticou o malgasto de diñeiro público do goberno local que contrasta coas constantes subidas en taxas e impostos municipais así como a fuxida das necesidades reais do concello coa ausencia de políticas sociais, onde os recortes económicos neste concello son cada vez máis importantes, o cal deriva na escasa contratación do persoal necesario para atención a domicilio que poderían financiarse en boa parte facendo unha política de gasto acorde coas necesidades da cidadanía e non, como está sucedendo, para cubrir as necesidades do grupo de goberno e do PP.

SALARIOS E SEG. SOCIAL DO GRUPO DE GOBERNO MUNICIPAL NO PERIODO XULL-11/XAN 2012 MAIS ASISTENCIAS XUNTA DE GOBERNO

EDIL/A CARGO DEDICACION EXCLUSIVA: XULLO 11 – XAN 2012 DIETAS RECOÑECIDAS XAN-11/NOV-11 TOTAL
ALFONSO VILLARES ALCALDIA 25327,74 4018,82 29356,46
EDIL/A CARGO DEDICACIONS PARCIAIS DIETAS RECOÑECIDAS XAN-11/NOV-11 ……………….
BEGOÑA ALONSO DEL. MEDIO AMBIENTE 6309,1 0 6309,1
J.R. SOTO DEL. DEPORTES, PROT. CIVIL, ETC. 4739,09 73,61 4739,09
PILAR ÁLVAREZ DE. XUVENTUDE E IGUALDADE 4739,09 45,94 4711,42
TOTAL 45.116,07
EDIL/A CARGO ASISTENCIAS XUNTA DE GOBERNO XULL-XAN 11 DIETAS RECOÑECIDAS XAN-11/NOV-11 TOTAL
YOLANDA PEDREIRA EDUCACIÓN E EMPREGO 3.300 0 3.300
TANIA FERNÁNDEZ FACENDA E SERV. SOCIAIS 3.300 0 3.300
TOTAL 6.600

TOTAL GRUPO DE GOBERNO —————————– 51.716,07 €

SALARIO E SEG. SOCIAL DA ASESORA DA ALCALDÍA EN SERVIZOS SOCIAIS E COMUNICACIÓN EXTERNA

EX – EDIL CON CONTRATO EVENTUAL

ASESORÍA EXTERNA FUNCIÓNS SALARIO ANUAL E SEGURIDADE SOCIAL CONTRATO EVENTUAL: XULLO 11 – XAN 2012
PILAR ARMADA CARRETE ASESORA DA ALCALDÍA 20.908,13 11.579,04

TOTAL GASTO GRUPO DE GOBERNO E ASESORÍA EXTERNA ……….. 63.295,11 €

GASTOS PROMOCIÓN PERSOAL DO ALCALDE E GRUPO DE GOBERNO NO PERÍODO

CONCEPTO CONDICIÓNS PERIODO TOTAL
GABINETE DE PRENSA GABINETE DE PRENSA A TEMPO COMPLETO XANEIRO – DEC EMBRO 2011 19.175
PROMOCIÓN DA ALCALDÍA ENTREVISTAS PAGADAS RADIOS XANEIRO – OUTUBRO 2011 7.611,28
OUTROS GASTOS DIVERSOS XANEIRO – OUTUBRO 2011 43.170,56
TOTAL 69.956,84

TOTAL GASTOS NO PERIODO ESTUDADO ………….. 133.251,95 €

OUTRA INFORMACIÓN DE INTERESE: condicións dedicacións exclusivas e parciais, asistencias Xuntas de Goberno e asesora segundo o pleno organización da actual corporación municipal saída das pasadas eleccións municipais. Dietas e asignación grupo aparte

EDIL/A DEDICACIÓN CONDICIÓNS SALARIO ANUAL SEG. SOCIAL TOTAL ANUAL
ALFONSO VILLARES EXCLUSIVA TOTAL – 14 PAGAS ANUAIS 39.841,2 12616,77 52.457,97
BEGOÑA ALONSO PARCIAL 45 HORAS MES – 14 PAGAS 9800,04 3287,9 13087,9
J.R. SOTO PARCIAL 29 HORAS MES – 14 PAGAS 6311,76 2117,6 8429,36
PILAR ÁLVAREZ PARCIAL 29 HORAS MES – 14 PAGAS 6311,76 2117,6 8429,36
  • YOLANDA PEDREIRA
ASISTENCIAS XUNTA DE GOBERNO 150 EUROS POR ASISTENCIA – ORDINARIAS QUINCENALES 3.600
  • TANIA GONZÁLEZ
ASISTENCIAS XUNTA DE GOBERNO 150 EUROS POR ASISTENCIA – ORDINARIAS QUINCENALES 3.600
PILAR ARMADA CARRETE ASESORA – LAB. EVENTUAL TOTAL – 14 PAGAS ANUAIS 15.750 5158,13 20.908,13

Exit mobile version